O Balonmán Xiria, coñecido por motivos de patrocinio como Calvo Xiria, é a sección de balonmán da asociación polideportiva galega Xiria da localidade de Carballo (A Coruña), que na tempada 2024-2025 compite na 1ª División Estatal do balonmán español en senior masculino e na 1ª Autonómica en senior feminino. Disputa os seus partidos como local no Pavillon da Zona Escolar da capital bergantiñá, cunha capacidade para aproximandamente 1200 espectadores.
Historia As orixes do balonmán carballés remóntanse a finais da década de 1970 e principios dos anos 1980, posiblemente no IES Alfredo Brañas ou Colexio Fogar. Da man de profesores dos centros como Gema e Vence, o balonmán comezou a atraer aos mozos da vila, nacendo así o primeiro equipo, o Bergantiños C.B., que comezou a competir oficialmente nunha modalidade que só se practicaba na zona de Ferrol. O punto de inflexión do balonmán carballés chegou co nacemento da Asociación Deportiva Xiria na tempada 1983-84, cando puxo en competición un equipo de voleibol. Axiña naceron outras seccións adicadas ao balonmán, baloncesto, tenis de mesa, xadrez e atletismo.
Na tempada 2010-11 o Xiria fixo historia ao clasificarse por primeira vez na súa historia para disputar a fase de ascenso á División de Honra B, a segunda categoría do balonmán no estado español por detrás da Asobal, conseguíndoo cun equipo formado por xogadores saídos da base do clubO Calvo consegue a súa maior xesta (La Voz de Galicia) El Xiria arrolla al Novás y luchará por el ascenso (La Opinión de A Coruña) .
En setembro de 2011 o equipo dirixido por Marcos Rodríguez estivo a piques de facer historia e clasificarse para a final da Copa Galicia, cuxa fase final se disputou na capital bergantiñá, logo de caer fronte ao Academia Octavio de Vigo, que daquela competía na Liga Asobal, por 26-28 nun partido no que os carballeses foron por diante no marcador ata o minuto 48. Esta foi a primeira vez que o Xiria se enfrontou a un equipo da máxima categoría do balonmán español.
O 1 de maio de 2021 o Xiria conseguiu a clasificación para a fase de ascenso a División de Honra Prata por sétima vez na súa historia logo de superar con claridade en Carballo no derbi provincial ao OAR A Coruña por 20-37.
En marzo de 2023, dez anos despois da súa creación, o equipo feminino conseguiu o campionato da Primeira Galicia logo de impoñerse ao Balonmán Seis do Nadal-Coia no Pavillón Vila de Noia de Carballo (35-20). Deste xeito o equipo carballés clasificábase para disputar a fase de ascenso á División de Honra Prata.
Notas
Véxase tamén Outros artigos AD Xiria
Ligazóns externas Páxina web do club Información do Xiria na web da Federación Española
Xiria Categoría:AD Xiria Categoría:Balonmán de Galicia sen imaxes