miniatura|250px|Afumadura da matanza en Donís (Cervantes) miniatura|Arenque secado e afumado miniatura|Un exemplo de carne afumada: o Kasseler A afumadura é unha técnica que consiste en someter alimentos a fume proveniente de lumes realizados de madeiras de pouco nivel de resina. Este proceso, ademais de dar sabores afumados serve como conservador alongando a vida dos alimentos.
Características Existen dous tipos de afumadura: en frío e en quente. En frío, o proceso dura aproximadamente de 24 a 48 horas (dependendo do alimento) e non debe superar os 30 °C, e en quente a temperatura debe ser maior aos 60º e non superar o 75 °C. Recoméndase primeiro realizar o afumado en frío e logo en quente.
Esta forma de preservación de alimentos, provén de épocas remotas onde se descubriu, posiblemente por casualidade, que os alimentos pendurados arriba dos fogóns empregados para calefacción e cociñar duraban máis cós alimentos que non estaban en contacto co fume. Este proceso de preservación poderíase comparar coa salgadura para preservar o alimento; basicamente, quítalle a humidade aos alimentos e transfírelles sabores.
Alimentos afumados Embutidos: algúns produtos do porco como o touciño entrefebrado, xamón, chourizos, chuletas. No caso da vaca: chacina, o Pastrami Queixos, como o queixo de Gamonedo, o afumado de Áliva (Quesucos de Liébana), unha variedade do Ragusano italiano, o damski polaco ou o rächerkäse alemán. Peixes: salmón afumado, Kipper Cervexas: Rauchbier Tés: Lapsang souchong Whiskies: Whisky escocés (algunhas marcas) Condimentos: sales de afumadura, pemento etc
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Conservante Queixo afumado
Bibliografía "Home Book of Smoke-cooking Meat, Fish & Game", Jack Sleight, Raymond Hull
Categoría:Tecnoloxía dos alimentos Categoría:Técnicas culinarias