David Bisbal Ferre, nado en Almería o 5 de xuño de 1979, é un cantante español dado a coñecer grazas ao concurso de telerrealidade musical Operación Triunfo, onde quedou en segundo lugar. Vendeu máis de 4 000 000 de discos na súa carreira desde 2002.

Discografía Álbums de estudio 2002: Corazón latino 2004: Bulería 2005: Todo por ustedes 2006: Premonición 2009: Sin mirar atrás 2011: Una noche en el Teatro Real 2013: Live at the Royal Albert Hall 2014: Tú y yo 2016: Hijos del mar

Televisión En febreiro de 2012 confírmase que será unha dos catro coaches (membro do xurado), xunto con Melendi, Malú e Rosario Flores, da primeira edición de La voz, programa musical de Telecinco baseado no formato holandés The Voice. Empezou a emitirse o 19 de setembro de 2012. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial de David Bisbal

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Almería Categoría:Cantantes de Andalucía Categoría:Concursantes da primeira edición de Operación Triunfo