Deira foi un reino da Inglaterra setentrional durante o século VI. Estendíase desde o río Humber ata o Tees, e desde o mar ata a esquina occidental do Vale of York. Posteriormente uniuse ao reino de Bernicia, situado máis ao norte, para formar o reino de Northumbria.
O nome do reino é de orixe britana, se cadra de Deifr, que significa "augas", ou de Daru, que significa "carballo", en cuxo caso podería equivaler a "a xente do Derwent",unha derivación que tamén se atopa no nome latino de Malton, Derventio.N. J. Higham, The Kingdom of Northumbria AD 350-1100, p. 81 miniatura|400px|dereita|Lista de monarcas de Bernicia, Deira e Northumbria desde 547 (dun libro de 1834).Mackenzie, E. & Ross, M. (1834): An Historical, Topographical, and Descriptive View of the County Palatine of Durham. I. p. xi. Mackenzie and Dent. Newcastle upon Tyne. acceso o 2008-07-23 Segundo Simeón de Durham estendíase desde o Humber ata o Tyne, pero a terra era mala ao norte do Tees. Despois de que o reino britano con centro en Eboracum, que pode que se chamase Ebrauc, fose tomado por Edwin, a cidade de Eboracum converteuse na súa capital e pasou a chamarse Eoforwic (o lugar do verrón) polos anglos. Antes disto é posíbel que a capital teña estado en Pocklington ou preto de alí.
O primeiro rei anglo de Deira do que temos constancia é Ælla, que floreceu a finais do século VI tras conquistar o reino aos britanos en 581. Á súa morte, Deira estivo sometida ao rei Æthelfrith de Bernicia, quen uniu ámbolos reinos no de Northumbria. Æthelfrith gobernou ata a ascensión do fillo de Ælla Edwin, en 616 ou 617, quen tamén gobernou os dous reinos ata 633.
Osric, o sobriño de Edwin, gobernou Deira tras Edwin, pero o seu fillo Oswine foi matado por Oswiu en 651. Por algúns anos Deira estivo gobernada por Æthelwald fillo de Oswald de Bernicia.
Beda escribiu sobre Deira na súa Historia Ecclesiastica.
Reis de Deira
ReinadoReiNotes<small>559/560 a 589Aella<small>(Aelli)<small>ÆLLA YFFING <small>DEIRA CYNINGÆLLA REX <small>DEIRA<small>589/599 a 604Aethelric<small>(Aedilric)<small>ÆÞELRIC IDING <small>BERNICIA 7 DEIRA CYNINGÆÞELRIC REX <small>BERNICIA ET DEIRADinastía de Bernicia<small>593/604? a 616Aethelfrith<small>ÆÞELFERÞ ÆÞELRICING <small>DEIRA CYNINGÆÞELFERÞ REX <small>DEIRA<small>Morto en combateDinastía de Deira<small>616 a 12/14 de outubro de 632Edwin<small>EDVVIN ÆLLING <small>BERNICIA 7 DEIRA CYNINGEDVVIN REX <small>BERNICIA ET DEIRA<small>Morto en combate por Cadwallon de Gwynedd e Penda de Mercia<small>finais de 633 a verán de 634Osric <small>OSRIC ÆLFRICING <small>DEIRA CYNINGOSRIC REX <small>DEIRA<small>633 a 5 de agosto de 642Oswald<small>OSVVALD <small>BERNICIA 7 DEIRA CYNINGOSVVALD REX <small>BERNICIA ET DEIRA<small>Morto por Penda, rei de Mercia; San Oswald<small>642 a 644Oswiu <small>OSVVIO ÆÞELFRIÞING <small>BERNICIA 7 DEIRA CYNINGOSVVIO REX <small>BERNICIA ET DEIRA<small>644 a 651Oswine<small>OSVVINE OSRICING <small>DEIRA CYNINGOSVVINE REX <small>DEIRA<small>Murdered<small>verán de 651 ata finais de 654 ou 655Æthelwald<small>ÆÞELVVALD OSVVALDING <small>DEIRA CYNINGÆÞELVVALD REX <small>DEIRA<small>654 a 15 de agosto de 670Oswiu <small>OSVVIO ÆÞELFERÞING <small>NORÞANHYMBRA CYNINGOSVVIO REX <small>NORÞANHYMBRA<small>Restored<small>656 a 664Alchfrith<small>ALCHFRIÞ <small>DEIRA CYNINGALCHFRIÞ REX <small>DEIRA<small>670 a 679Aelfwine <small>ÆLFVVINE <small>DEIRA CYNINGÆLFVVINE REX <small>DEIRA
Notas
Bibliografía Geake, Helen & Joanthan Kenny (eds.) (2000). Early Deira: Archaeological studies of the East Riding in the fourth to ninth centuries AD. Oxford: Oxbow. ISBN 1-900188-90-2 Higham, N.J. (1993). The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton. ISBN 0-86299-730-5
Categoría:Historia de Inglaterra Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Yr Hen Ogledd Categoría:Heptarquía anglosaxoa