Fritz (Friderik) Pregl, nado en Ljubljana (hoxe en Eslovenia), Imperio Austrohúngaro, o 3 de setembro de 1869 e finado en Graz (Austria), o 13 de decembro de 1930, foi un químico austríaco de orixe eslovena.
Traxectoria Naceu o 3 de setembro de 1869 na cidade de Ljubljana, naqueles momentos parte do Imperio Austrohúngaro, pero hoxe en día capital de Eslovenia. Estudou química e fisioloxía na Universidade de Graz, e posteriormente foi nomeado profesor auxiliar de química na mesma universidade. En 1910 foi nomeado profesor titular na Universidade de Innsbruck, pero en 1913 retornou a Graz para converterse en director do Instituto de Química Médica.
Investigacións científicas Iniciou as súas investigacións na constitución química dos ácidos biliares dos animais e do home. Para iso tivo que idear e desenvolver métodos de microanálise cuantitativa de substancias orgánicas que lle valeron a concesión do Premio Nobel de Química do ano 1923 e que serviron para mellorar a técnica do tren de combustión para a análise elemental.
Véxase tamén Premio Nobel de Química
Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1923 Biografía na páxina do Instituto Nobel Perfil de Fritz Pregl NNDB
Categoría:Químicos de Austria Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Nados en Liubliana Categoría:Premios Nobel de Austria Categoría:Premios Nobel de Eslovenia