1969 (MCMLXIX) foi un ano común comezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

Este ano é lembrado por producirse a aterraxe do Apollo 11 na lúa, sendo a primeira vez que o ser humano chegaba ao satélite.

Acontecementos 1 de xaneiro, Checoslovaquia, convértese nun estado federal no que os eslovacos gozan dunha ampla autonomía. 4 de xaneiro, sinatura en Fez do tratado de retrocesión do territorio de Ifni de España a Marrocos. 15 de xaneiro, a Unión Soviética lanzou a nave espacial Soiuz V. 22 de febreiro, 25.000 mineiros, en Asturias, declararon folga. 21 de xullo, a nave espacial Apollo XI pousa na Lúa. O astronauta Neil Armstrong é o primeiro ser humano que pisa outro astro. 23 de xullo - O boxeador ferrolán José González Dopico proclámase campión de España do peso welter ao vencer por K.O. no primeiro asalto a Tony Ortiz, en Ferrol. 15 de agosto, empezou o Festival de Woodstock, nos Estados Unidos de América. 17 de outubro, foi promulgada a Emenda Nº 1 á Constitución do Brasil de 1967, alterando case por completo o texto orixinal. 19 de novembro, a nave espacial Apollo XII pousa na Lúa. miniatura|Inquedo latexar, de Xosé Neira Vilas. Arte e cultura Il Satiricone, filme de Fellini. Estrea do filme El bosque del lobo, de Pedro Olea, baseado nunha novela do coruñés Carlos Martínez Barbeito, El boque de Ancines (1947), que á súa vez novelaba a vida do lobishome ourensán Manuel Blanco Romasanta.

Nacementos 3 de xaneiro - Michael Schumacher, piloto de fórmula 1. 5 de xaneiro - Marilyn Manson, músico e cantante estadounidense. 11 de febreiro - Jennifer Aniston, actriz estadounidense. 10 de marzo - Paget Brewster, actriz e cantante estadounidense. 1 de abril, o Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal de Orde Pública sobre a condenación de Néstor Luján. 17 de maio - Joan Llaneras, ciclista mallorquín. 14 de xuño - MC Ren, rapeiro estadounidense. 24 de xuño - Nicodemo Gentile, avogado, escritor e personaxe televisivo italiano. 6 de setembro - Alexandre del Valle, politicólogo, xornalista político e ensaísta francés. 8 de setembro - Celso Fernández Sanmartín, poeta e contacontos galego. 21 de setembro - Teresa Moure, escritora galega. 9 de outubro - PJ Harvey, cantante inglesa. 10 de outubro - Loren Bouchard, actor estadounidense. 28 de decembro - Linus Torvalds, creador do kernel Linux. Alban Gerhardt, violonchelista alemán.

Mortes 29 de xaneiro - José García Vidal, avogado e político galego (n. 1885). 26 de febreiro - Karl Jaspers, filósofo alemán. 9 de marzo - Walter Christaller, xeógrafo alemán. 28 de marzo - Dwight D. Eisenhower, militar e político estadounidense. 5 de abril - Rómulo Gallegos, escritor, político e presidente venezolano. 15 de abril - Vitoria Uxía de Battenberg, raíña consorte de España. 26 de abril - Morihei Ueshiba, artista marcial xaponés, creador do aikido. 2 de maio - Franz von Papen, político nazi alemán. 3 de xullo - Brian Jones, músico británico, fundador dos Rolling Stones. 3 de xullo - Javier Pardo Bedía, óptico, xornalista e escritor galego. 25 de xullo - Otto Dix, pintor alemán. 6 de agosto - Theodor Adorno, filósofo e musicólogo alemán. 6 de agosto - Jesús Fojo Díaz, xornalista e político galego (n. 1899). 9 de agosto - Sharon Tate, actriz estadounidense. 17 de agosto - Ludwig Mies van der Rohe, arquitecto alemán. 17 de agosto - Otto Stern, físico xermano-estadounidense, premio Nobel de Física en 1943. 31 de agosto - Rocky Marciano, campión de peso pesado. 3 de setembro - Ho Chi Minh, político e revolucionario vietnamita. 15 de novembro - Ignacio Aldecoa, escritor español. 28 de novembro - Eduardo Estévez, escritor galego. 2 de decembro - José María Arguedas, novelista, articulista e ensaísta político peruano. 22 de decembro - Josef von Sternberg, director de cine austríaco.

Premios Nobel Física: Murray Gell-Mann Química: Derek Harold Richard Barton e Odd Hassel Fisioloxía ou Medicina: Max Delbrück, Alfred D. Hershey e Salvador E. Luria Literatura: Samuel Beckett Paz: International Labour Organization Economía: Ragnar Frisch e Jan Tinbergen

Día das Letras Galegas dedicado a: Antonio Noriega Varela

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1969