1974 (MCMLXXIV) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos 4 de xaneiro, o presidente dos Estados Unidos, Richard Nixon, négase a entrega-las cintas magnetofónicas solicitadas polo senado. 25 de abril, prodúcese a Revolución dos caraveis en Portugal, que derroca o réxime fascista instaurando a democracia. 19 de xuño, en Manila (Illas Filipinas) Amparo Muñoz Quesada (Miss España 1973) convértese en Miss Universo 1974. 1 de xullo, morre Juan Domingo Perón, presidente da Arxentina que é sucedido pola súa esposa, a vicepresidenta María Estela Martínez de Perón. 16 de xullo - Lanzamento do satélite artificial alemán Aeros 2. 25 de xullo, comeza a emisión de Panorama de Galicia, o primeiro programa de televisión en lingua galega.
Nacementos Carlos Pintado, poeta e escritor cubano. 12 de xaneiro - Claudia Conserva, actriz, modelo e presentadora de televisión chilena. 13 de febreiro - Robbie Williams, músico británico. 27 de febreiro - Modesto Fraga, escritor galego. 3 de marzo - Ada Colau, activista catalá. 7 de maio - Óscar Horta, filósofo galego. 10 de maio - A-Plus, rapeiro estadounidense. 17 de maio - Andrea Corr, cantante irlandesa. 18 de xuño - Itziar Ituño, actriz vasca 2 de xullo - Tim Christensen, compositor e cantante dinamarqués.
6 de xullo - Estíbaliz Espinosa, escritora galega. 16 de xullo - Espido Freire, escritora española de orixe galega.. 2 de agosto - Angie Cepeda, actriz colombiana. 2 de agosto - Núria Parlon, política socialista catalá. 18 de outubro - Héitor Picallo, escritor e ilustrador galego.
Mortes 2 de xaneiro - Tex Ritter, actor e músico estadounidense. 2 de febreiro - Imre Lakatos, filósofo da ciencia húngaro. 7 de febreiro - Albino Núñez Domínguez, escritor, pedagogo e poeta ourensán. 2 de marzo - Salvador Puig Antich, anarquista catalán. 11 de marzo - Aníbal Otero, lexicógrafo galego. 2 de abril - Georges Pompidou, político francés. 19 de abril - Isidro Buceta, avogado, xornalista e escritor galego (n. 1883). 25 de abril - Arturo Rivas Castro, sacerdote, físico e químico galego (n. 1898). 14 de maio - Fernando Osorio do Campo, escritor e político galego (n. 1894). 9 de xuño - Miguel Ángel Asturias, escritor guatemalteco, Premio Nobel de Literatura en 1967. 1 de xullo - Juan Domingo Perón, presidente da Arxentina. 11 de xullo - Eliseo Pulpeiro, xornalista galego (n. 1901). 24 de xullo - James Chadwick, físico británico, premio Nobel de Física en 1935. 8 de agosto - Alfredo Canalejo Martínez, escritor galego (n. 1898). 4 de setembro - Marcel Achard, actor e dramaturgo francés (n. 1899) 16 de setembro - Silvio Santiago, escritor galego. 4 de outubro - Anne Sexton, poeta norteamericana. 13 de novembro - Vittorio De Sica, actor e director de cine italiano. Fernando Gerassi - pintor e activista español de orixe turca (n.1899).
Premios Nobel Física: Martin Ryle e Antony Hewish Química: Paul J. Flory Fisioloxía ou Medicina: Albert Claude, Christian de Duve e George E. Palade Literatura: Eyvind Johnson e Harry Martinson Paz: Seán MacBride e Eisaku Sato Economía: Gunnar Myrdal e Friedrich August von Hayek
Día das Letras Galegas dedicado a: Johán Vicente Viqueira
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1974