Antoine Joseph Sax, coñecido como Adolphe Sax, nado en Dinant en 1814 e finado en 1894, foi un inventor belga de instrumentos musicais.

Traxectoria Seu pai, o fabricante de instrumentos Charles Joseph Sax, enviouno ao Conservatorio de Bruxelas para estudar frauta e clarinete. Adolphe Sax é coñecido principalmente pola invención do saxofón ou saxófono (1840, patentado en 1846[http://www.le-saxophone.fr/articles/Histoire-du-sax2.php Guillaume Janin L´histoire du saxophone] ). Algunhas invencións son o saxotromba e mais o bombardino, un tipo de tuba.

En 1857 Sax foi profesor de saxofón no Conservatorio de París. Tamén contribuíu ao desenvolvemento do clarinete baixo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Adolphe Sax, Malou Haine, Université de Bruxelles Editions, Bruxelles, 1980 Sax, Mule & Co, Jean-Pierre Thiollet, H & D, París, 2004 (ISBN 2 914 266 03 0)

Categoría:Músicos de Bélxica Categoría:Nados en 1814 Categoría:Nados na provincia de Namur Categoría:Finados en 1894