Un numeral é unha categoría gramatical que designa cantidades exactas e contábeis. Pode ser cardinal, ordinal, múltiplo ou partitivo:
Un número cardinal indica o número de elementos dun conxunto: un/unha, dous/dúas, tres etc. Un ordinal indica a posición de cada elemento na serie: primeiro, segundo, terceiro, cuarto etc. Un múltiplo expresa multiplicación pola serie natural dos números: dobre, triplo, cuádruplo etc. Un partitivo indica división dun todo: medio, terzo, cuarto etc.
Para unha visión matemática, véxase número.
Véxase tamén Outros artigos s:Normativa oficial do galego - Numerais
Categoría:Clase de palabra