O Zamora Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade castelá-leonesa de Zamora. Fundouse en 1969 e xoga no Grupo 1 da Segunda División B de España.
Estadio
miniatura|esquerda|200px|Estadio Municipal Ruta de la Plata. O Estadio Ruta de la Plata, inaugurado en 2002, substituíu o antigo estadio de La Vaguada. O novo estadio, situado á beira do río Douro, ten capacidade para 7.813 persoas e unhas dimensións de 104x70 metros.
O diario inglés The Guardian, con motivo do partido Zamora CF - FC Barcelona de Copa do Rei bautizou ao Ruta de la Plata como "Little Old Trafford".
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 23 (incluída a 2014/15) Tempadas en 3ª: 19 Mellor posto na liga: 2º (2ªB tempada 2002-03) Peor posto na liga: 16º (2ªB tempada 1997-98) Mellor posto na Copa do Rei: Oitavos de final contra FC Barcelona (tempada 2005-06)
Xogadores Cadro actual Actualizado a 2 de setembro de 2013.
Palmarés Terceira División de España (3): 1977-78, 1992-93, 1998-99 Subcampión da Segunda División B (1): 2002-03 Subcampión da Terceira División (3): 1982-83, 1990-91, 1995-96
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Zamora Categoría:Zamora Zamora