Lambda é a décimo primeira letra do alfabeto grego (λάμβδα). Representa o son /l/, e adoita transcribirse como l. Provén da letra do alfabeto fenicio lāmed. Como signo numérico representaba o trinta. En maiúscula (Λ) serve tamén para designar o décimo primeiro canto da Ilíada de Homero e en minúscula (λ) o décimo primeiro da Odisea. A letra λ é usada como símbolo para: En física, a lonxitude de onda; En bioloxía, o virus fago lambda; En craneometría, o lugar de unión das suturas saxital e lambdoide; En cálculo Lambda e por extensión nalgunhas linguaxes de programación, para definir funcións anonimamente; A linguaxe Unlambda constrúese completamente con lambdas, que non se pode almacenar;
Véxase tamén Outros artigos Lambda latino LaMDA
Categoría:Letras gregas