Malé (, ; ) é a capital e cidade máis poboada da República das Maldivas. Cunha poboación de 133.412 e unha superficie de 9´27 km², tamén é unha das cidades máis densamente poboadas do mundo. A cidade está xeograficamente situada no bordo sur do Atol de Malé norte (Atol Kaafu). Administrativamente, a cidade consta dunha illa central,unha illa aeroporto e outras dúas illas gobernadas polo Concello de Malé.

Tradicionalmente era a illa do Rei, desde onde gobernaban as antigas dinastías reais e onde se atopaba o palacio. A cidade chamábase entón Mahal. Antigamente era unha cidade amurallada rodeada de fortificacións e portas (doroshi). O Palacio Real (Gan'duvaru) destruíuse xunto cos pintorescos fortes (koshi) e os bastións (buruzu) cando remodelouse a cidade baixo o presidente Ibrahim Nasir que gobernou despois da abolición da monarquía en 1968. Non obstante, a mesquita do venres de Malé permanece. Nos últimos anos, a illa ampliouse considerablemente mediante operacións de recheo de terra. Ao longo dos anos, Malé foi o centro das protestas políticas e de eventos importantes.

Situación Malé está sita no atol de Kaafu, que é o bordo sur do atol de Malé, porén a cidade non se considera que forme parte del desde o punto de vista administrativo. As súas coordenadas son: 4º 10' N e 73º 30' L. O seu clima tropical, como o do resto das illas, está suavizado polo océano Índico.

Urbanismo miniatura|dereita|450px|Vista aérea de Malé, capital das Illas Maldivas En Malé vivían máis de 70.000 persoas, de xeito que está sobrepoboada. O total da superficie da illa, 1,5 km², está recuberta de edificios.

Para remediar este problema, o goberno creou unha illa artificial extraendo area do fondo do mar. Esta nova illa prevese que acolla a 100.000 habitantes (poboación xa superada); os edificios están en construción. Foi elevada 2 metros por riba do mar para paliar unha eventual subida das augas.

Divisións administrativas A cidade está repartida en catro divisións: Henveiru, Galolhu, Maafannu e Macchangolhi. O achegado atol de Vilingili, antes un resort turístico, é a quinta división (Male'viligili) que está a considerar o goberno.

Servizos administrativos e sociais Os edificios gobernamentais están concentrados na cidade. Acolle dous hospitais, un público e outro privado, e os centros educativos superiores, así como os bancos e casas comerciais máis importantes. En Malé fican dúas das tres mesquitas que hai nas Maldivas.

Comunicacións e economía Ademais do porto, Malé conta cunha base para hidroavións. O aeroporto internacional está situado no veciño atol ou illa de Hulhule. Varios proxectos e obras conseguintes permitiron o agrandamento do porto. Todos estes medios fan de Malé o centro de comercio da noz e da fibra de coco, da copra e de cunchas de cauri, que son os principais artigos de exportación do arquipélago. O turismo é un sector en expansión.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do "Ministerio de Turismo"

Categoría:Maldivas Categoría:Capitais de Asia