O Mar de Azov (Azovskoie more) é unha pequena rexión ao norte do Mar Negro, ligado a el polo Estreito de Kerch. Tén ao norte a Ucraína, ao leste a Rusia e ao oeste a península de Crimea. Na Grecia antiga, era coñecido como Lago Maeotis ou Mar Maeotis.

O mar ten 340 km de comprimento e 135 km de longo, cunha área de 37 555 km². Os principais ríos a desaugaren nel son o río Don e o río Kuban; eles garanten que as augas do río teñan unha concentración salina baixa, e tamén transportan vastos volumes de sedimentos ao mar. O mar de Azov é o mar menos profundo da Terra, cunha profundidade media de soamente 13 metros; nalgunhas zonas, onde o sedimento se depositou, como no Golfo de Taganrog, a profundidade media é de menos de 1 metro. A corrente principal no Mar de Azov é unha corrente anti-horaria; as mareas son variabeis, pero poden atinxir 5 metros. No inverno, extensas porcións do mar xelan.

Portos principais Os principais portos son Berdyansk, Mariupol, Rostov-na-Donu, Taganrog e Yeysk. Dous canais entran no mar: o canal Volga-Don e a conexión co mar Caspio a través do canal Manych. O mar ten un número significativo de portos de pesca e ten sido explorado polo gas natural e polo petróleo.

Conflito Ó ser invadida a península de Crimea por Rusia en 2014, a Federación rusa controla as dúas beiras do estreito de Kerch, coa oposición de Ucraína a dito control, o que ten provocado diversos enfrontamentos, como o mantido en novembro de 2018 ó evitar buques rusos a entrada de buques de guerra Ucraínos por Kerch.

Flora e fauna Historicamente, o mar de Azov tiña unha gran variedade de vida marítima, con máis de oito especies de peixes identificadas, así como 300 variedades de invertebrados. A diversidade e a cantidade veñen sendo reducidas polo exceso de pesca e polo excesivo nivel de contaminación.

Demografía Notas

Véxase tamén

Azov, Mar de