Teodoro I Ivanovich (en , "Fedor I Ivanovich"), nado o 31 de maio de 1557 e finado o 7 de xaneiro de 1598, foi tsar de Rusia desde 1584 ata 1598.

Foi fillo do tsar Iván o Terrible e de Anastasia Romanovna Zakharina. No ano 1580 contrae matrimonio con Irene Godúnovna irmá de Boris Godunov. Tiña un carácter piadoso e pasou a maior parte do seu tempo rezando.

Ó morrer o seu pai, herdou unha terra destruída polas atrocidades deste, non moi interesado nas tarefas de goberno, deixou esta tarefa ó seu irmán político Boris Godunov. Ó morrer a súa única filla, o tsar caeu nunha gran depresión.

Tras a morte de Teodoro I, remata o goberno da dinastía Rúrika.

Véxase tamén

Bibliografía Heller, Michel (2009): Histoire de la Russie et de son empire. París: Editions Flammarion. ISBN 2081235335.

Outros artigos Dinastía Rúrika Tsarato ruso

Categoría:Tsares de Rusia Categoría:Imperio Ruso Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1557 Categoría:Finados en 1598