A Associação Internacional de Lusitanistas, coñecida tamén polo acrónimo AIL, fundada en Poitiers (Francia) en 1984, é unha asociación creada co obxectivo de fomentar os estudos de lingua, literatura e cultura dos países de lingua portuguesa, para o cal realizan diferentes eventos, establecen contactos internacionais e editan unha revista, entre outras accións.

Organigrama Actualmente ten 850 membros en 32 países<ref>Texto de presentación na web da AIL <small>(consultado o 21 de xaneiro de 2010)</small.</ref> Para ser membro da AIL é requisito imprescindíbel ser profesor, investigador ou estudoso, e posteriormente ter a aceptación do Consello Directivo da asociación e posteriormente da Asemblea Xeral.

Desde o ano 2008 a AIL está presidida polo profesor galego Elias J. Torres Feijó. Na Secretaría está a tamén profesora galega Carmen Villarino Pardo. Entre 2011 e 2014 foi secretario xeral Roberto López-Iglésias Samartim.

Notas

Categoría:Lingua portuguesa Categoría:Asociacións