O Gran Premio de Bahrain (), coñecido oficialmente como Gulf Air Bahrain Grand Prix por motivos de patrocinio, é unha carreira do campionato de Fórmula 1 en Bahrain. A primeira carreira tivo lugar no Circuíto Internacional de Bahrain o 4 de abril de 2004. Fixo historia como o primeiro Gran Premio de Fórmula Un que se celebrou no Oriente Medio, e recibiu o premio ao "Mellor Gran Premio organizado" pola FIA. A carreira foi no pasado a segunda, terceira ou cuarta carreira do calendario de Fórmula Un. Porén, na tempada de , Bahrain trocou lugares coa tradicional carreira inaugural, o Gran Premio de Australia, que foi atrasado para evitar un enfrontamento cos Xogos da Commonwealth. En 2010, Bahrein protagonizou a carreira inaugural da tempada e os coches percorreron o "circuíto de resistencia" completo de 6.299 km. para celebrar o "xubileu de diamante" da F1. En , o Gran Premio de Bahrain volveu ser o inicio da tempada porque o Gran Premio de Australia de 2021 foi cancelado debido á pandemia de COVID-19.

Historia

Fixo historia como o primeiro Gran Premio de Fórmula Un que se celebrou no Oriente Medio, e logrou o premio ó "Gran Premio mellor organizado" outorgado pola FIA.

O Gran Premio de Bahain foi xeralmente a terceira carreira do calendario de Fórmula Un. Pero, na tempada , Bahrain cambiou de lugar coa primeira carreira tradicional, o Gran Premio de Australia, que foi atrasado para evitar a coincidencia cos Xogos da Commonwealth. En 2010, Bahrain organizou a primeira carreira da tempada de Fórmula Un de e os coches a disputaron sobre o circuíto de 6´299 chamado "Endurance Circuit" para celebrar as "vodas de diamante" da F1.

O Gran Premio de , que se celebraría o 13 de marzo, foi cancelado o 21 de febreiro debido as protestas de Bahrain de 2011,"Bahrain Grand Prix called off due to protests", bbc.co.uk, 21 de febreiro de 2011. Retrieved 21 de febreiro de 2011. logo das protestas dos pilotos incluíndo Damon Hill e Mark Webber."Bahrain's Crash Course; Formula One drivers for democracy", 9 de xuño de 2011, The Wall Street Journal.

Os activistas de dereitos humanos pediron a cancelación da carreira de 2012. Debido ás denuncias de presuntas violacións de dereitos humanos cometidas polas autoridades de Bahrain. O persoal dos equipos tamén expresaron a súa preocupación pola seguridade, Pero a carreira, con todo, levouse a cabo como estaba previsto, o 22 de abril de 2012.

A carreira de levouse a cabo como unha carreira nocturna con luz artificial. Converteuse na segunda carreira nocturna da Fórmula Un logo do Gran Premio de Singapur, para conmemorar o décimo aniversario da primeira posta en escena do Gran Premio. Foi gañado por Lewis Hamilton.

Logo dos tests de febreiro de Fórmula Un de 2014, os organizadores do Gran Premio de Bahrain anunciaron a decisión de nomear á icónica primeira curva do circuíto co nome do ex sete veces campión do mundo, o piloto alemán Michael Schumacher en honor aos seus logros e tamén para apoialo despois de que o piloto sufrira un accidente de esquí case fatal a finais de decembro de 2013.

A carreira de tamén disputouse como unha carreira nocturna con luz artificial e foi gañada por Lewis Hamilton con Mercedes.

A construción do Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir iniciouse en 2002 cun alto interese nacional sobre o proxecto, xa que vese como o futuro para a próxima xeración de corredores de Bahrain. Cando finalizou a construción, o circuíto converteuse no centro dos deportes de motor no Pérsico, no que disputáronse moitas outras carreiras, como carreiras de resistencia, carreiras de GT, carreiras de Fórmula 3 e a serie V8 Supercar australiana.

A primeira carreira foi en 2004. A carreira foi gañada polo piloto alemán Michael Schumacher para Ferrari. Fernando Alonso gañou o segundo Gran Premio de Bahrain con Renault en 2005, e logo converteuse no primeiro en repetir vitoria na carreira de Oriente Medio en 2006 (de novo con Renault), logo dunha carreira emocionante e cunha longa batalla con Michael Schumacher. En 2007 e 2008, o brasileiro Felipe Massa gañou a carreira con Ferrari. 2009 viu a vitoria de Jenson Button con Brawn GP. Logo do seu triunfo en 2010. Alonso converteuse no primeiro ganador en tres ocasións.

A carreira de 2010 viu unha nova configuración de circuíto utilizado para o Gran Premio. Utilizouse o deseño de "Endurance Circuit", que alarga a lonxitude de volta a 6´299 km.. A pista volveu ao seu deseño orixinal para a carreira de 2011, e tamén fíxoo para a carreira de 2012.

2011 cancelación

O 21 de febreiro de 2011, anunciouse que o Gran Premio de Bahrain de 2011 programado para o 13 de marzo fora cancelado debido ás protestas de Bahrain de 2011. O 3 de xuño, a FIA decidiu reprogramar a carreira para o 30 de outubro. O piloto campión do mundo Damon Hill, solicitou á Fórmula Un non volver a programar dicindo que se a carreira seguía adiante "imos ter sempre o sambenito de vernos asociados ao uso de métodos represivos para lograr a orde". e Bernie Ecclestone díxolle á BBC nunha entrevista: "Esperemos que haberá paz e tranquilidade e poderemos volver no futuro, pero por suposto que non está no calendario non se pode reprogramar sen o acordo dos participantes, son os feitos." Unha semana logo da súa decisión de reprogramar a carreira, a Fórmula Un anunciou a cancelación da carreira de 2011.

2012 controversia

Activistas de dereitos humanos pediron a cancelación do Gran Premio de Bahrain de 2012, que tivo lugar o 22 de abril, debido a informes sobre o uso continuo de forza excesiva polas autoridades e o uso da tortura durante as detencións. O 9 de abril de 2012, The Guardian informou que segundo declarara un destacado membro non identificado dun dos equipos, "os equipos de Fórmula Un queren que os organizadores do deporte cancelen, ou polo menos pospoñan, o Gran Premio de Bahrain ..., debido ás crecentes preocupacións de seguridade no medio das protestas en curso no reino ... Séntome moi incómodo por ir a Bahrain. Se son brutalmente franco, o único xeito que poden desenvolver esta carreira sen incidentes é ter un bloqueo militar total. E creo que iso sería inaceptable, tanto para a F1 como para Bahrain. Pero eu non vexo ningunha outro xeito de poder facelo"..

Nese contexto, Anonymous lanzou o 21 de abril de 2012, a operación Bahrain, ameazando aos representantes da Fórmula 1 cun ciberataque no caso de que seguir co Gran Premio de Bahrain. Horas máis tarde, os hackers de Anonymous atacaron a páxina web f1-racers.net.

O Gran Premio de 2012 volveu utilizar a configuración de circuíto de 15 curvas utilizado por última vez en 2009, en lugar da configuración de resistencia do circuíto utilizado en 2010.

Aprazamento de 2020

En resposta á pandemia de COVID-19, os organizadores do evento anunciaron que ningún espectador estaría autorizado a asistir á carreira que debía ter lugar o 22 de marzo. Non obstante, quince días antes de que tivese lugar a carreira, a carreira foi aprazada indefinidamente. A carreira foi reprogramada para o 29 de novembro e foi un dos dous eventos celebrados ao redor do Circuíto Internacional de Bahrain durante dous fins de semana, coa segunda carreira tivo lugar no trazado exterior e recibiu o nome de Gran Premio de Sakhir.

Queixa legal polo contrato de Bahrain O 27 de outubro de 2022, a F1 recibiu unha denuncia legal de que fixo a vista gorda ante as violacións dos dereitos humanos cando anunciou en febreiro que o GP de Bahrain permanecerá no calendario ata 2036. A denuncia, feita a través do Punto de Contacto Nacional do Reino Unido (NCP) do goberno británico, foi atendida polo Instituto de Bahrain para os Dereitos e a Democracia (Bird) e dous supostos superviventes de torturas de Bahrain, Najah Yusuf. e Hajer Mansoor.

Gañadores do Gran Premio de Bahrain

Ano Piloto gañador Equipo gañador Data Resultados 2004 Michael Schumacher Ferrari 4 de abril de 2004 Resultados 2005 Fernando Alonso Renault 3 de abril de 2005 Resultados 2006 Fernando Alonso Renault 12 de marzo de 2006 Resultados 2007 Felipe Massa Ferrari 15 de abril de 2007 Resultados 2008 Felipe Massa Ferrari 6 de abril de 2008 Resultados 2009 Jenson Button Brawn-Mercedes 26 de abril de 2009 Resultados 2010 Fernando Alonso Ferrari 14 de marzo de 2010 Resultados 2011 cancelado 2012 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 22 de abril de 2012 Resultados 2013 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 21 de abril de 2013 Resultados 2014 Lewis Hamilton Mercedes 6 de abril de 2014 Resultados 2015 Lewis Hamilton Mercedes 19 de abril de 2015 Resultados 2016 Nico Rosberg Mercedes 3 de abril de 2016 Resultados 2017 Sebastian Vettel Ferrari 15 de abril de 2017 Resultados 2018 Sebastian Vettel Ferrari 8 de abril de 2018 Resultados 2019 Lewis Hamilton Mercedes 31 de marzo de 2019 Resultados 2020 Lewis Hamilton Mercedes 29 de novembro de 2020 Resultados 2021 Lewis Hamilton Mercedes 28 de marzo de 2021 Resultados 2022 Charles Leclerc Mercedes 20 de marzo de 2022 Resultados 2023 Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT 5 de marzo de 2023 Resultados 2024 Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT 2 de marzo de 2024 Resultados 2025 Oscar Piastri McLaren-Mercedes 13 de abril de 2025 Resultados

Gañadores múltiples (pilotos) Os pilotos en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula 1 Nº de vitorias Piloto Anos 5 Lewis Hamilton 2014, 2015, 2019, 2020, 2021 4 Sebastian Vettel 2012, 2013, 2017, 2018 3 Fernando Alonso 2005, 2006, 2010 2 Felipe Massa 2007, 2008 Max Verstappen 2023, 2024

Gañadores múltiples (construtores) Equipos en letra grosa compiten no campionato de Fórmula Un na tempada actual. Nº de vitorias Construtor Anos 7 Ferrari 2004, 2007, 2008, 2010, 2017, 2018, 2022 6 Mercedes 2014, 2015, 2016, 2019, 2020, 2021 4 Red Bull 2012, 2013, 2023, 2024 2 Renault 2005, 2006

Marcas do Gran Premio de Bahrain Gran Premio de Bahrain Sakhir País/Piloto Chasis/Motor Tempo Lonxitude AnoPole Position Charles Leclerc Ferrari V6 Turbo 1min 27s 866 5.412 km 2019Mellor volta rápida Michael Schumacher Ferrari V10 1min 30s 252 5.417 km 2004

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina do Gran Premio de Bahrain Estatísticas Bahrain Trackpedia guide to the Bahrain Circuit

Bahrain Categoría:Gran Premio de Bahrain