Tatyana Alexeyevna Afanasyeva (en ruso Татьяна Алексеевна Афанасьева) nada en Kíiv o 19 de novembro de 1876 e finada en Leiden o 14 de abril de 1964, foi unha matemática de orixe rusa.
Traxectoria Logo da morte do seu pai, criouse cun tío en San Petersburgo, onde recibiu unha educación en escolas separadas por sexos, trasladándose á Universidade de Göttingen en 1902, onde coñece a Ehrenfest. Casaría con el en 1904 e en 1907 retornaría a San Petersburgo. En 1912 mudouse a Leiden, onde o seu home fora escolleito para suceder a H.A. Lorentz como profesor na Universidade de Leiden.
Tatyana colaborou á par co seu marido, como pode ser na revisión da mecánica estatística de BoltzmannP. Ehrenfest & T. Ehrenfest (1911) Begriffliche Grundlagen der statistischen Auffassung in der Mechanik, in: Enzyklopädie der mathematischen Wissenschaften mit Einschluß ihrer Anwendungen. Band IV, 2. Teil ( F. Klein and C. Müller (eds.). Leipzig: Teubner, pp. 3–90. Translated as The conceptual Foundations of the Statistical Approach in Mechanics. New York: Cornell University Press, 1959. ISBN 0-486-49504-3. Publicou moitos documentos de varios temas como a probabilidadeT. Ehrenfest-Afanassjewa, On the Use of the Notion "Probability" in Physics Am. J. Phys. 26: 388 (1958) ou a entropíaT. Ehrenfest-Afanassjewa, Die Grundlagen der Thermodynamik (Leiden 1956). Tamén lle ensinaba xeometría a rapaces. Vida persoal
Casou o 21 de decembro de 1904 co físico e matemático austríaco Paul Ehrenfest (1880-1933), con quen tivo dúas fillas e dous fillos. Súa filla Tatyana Pavlovna Ehrenfest tamén se convertería en matemática.
Notas
Categoría:Personalidades de Ucraína Categoría:Nados en Kíiv Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Alumnos da Universidade de Gotinga