Os Gaios é un lugar da parroquia de Caldelas de Miño, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal do Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 60 habitantes (29 homes e 31 mulleres), catro menos ca en 2000.
Aspectos de interese A mediados do século XX contou coa única sala de cine e de festas da parroquia, ademais de varias tendas, establecementos todos eles hoxe pechados.
O edificio máis significativo é a casona do propietario do cine, José Páramos, que tamén foi promotor doutras empresas no concello.
Lugares e parroquias Lugares de Caldelas de Miño
Parroquias de Tui
Categoría:Lugares de Tui