miniatura|300px| As rexións do Xapón non son divisións administrativas oficiais, pero constitúen unha división do país tradicionalmente empregada en varios contextos. Cada unha destas rexións está composta por prefecturas, a excepción da rexión de Hokkaidō que se compón dunha única prefectura. As 8 rexións son:

Rexión de Hokkaidō - Composta pola illa de Hokkaido e outras illas pequenas. Sapporo é a principal cidade. Rexión de Tōhoku - No norte da illa de Honshu. Sendai é a principal cidade. Kanto - No leste da illa de Honshu. Tokyo e Iocoama son as principais cidades. Rexión de Chūbu - No centro de Honshu. Nagoia é a principal cidade. Rexión de Kinki - No sur de Honshu. Osaca, Kobe e Kyoto son as principais cidades. Rexión de Chūgoku - No extremo oeste do sur de Honshu. Hiroxima é a principal cidade. Shikoku - Composta pola illa de Shikoku. Matsuyama é a principal cidade. Kyūshū - Composta pola illa de Kyūshū e polas illas Ryukyu. Fukuoka é a principal cidade.

Véxase tamén Outros artigos Prefecturas do Xapón Lista de concellos do Xapón Ligazóns externas Web-Japan.org

!Rexións do Xapón