Plácido Castro Rivas, nado en Fisterra e finado en Montevideo en 1945, foi un banqueiro, empresario e político galegoArtigo de Xulio Ríos, coñecido principalmente polo seu labor de filantropía e por ser o pai do escritor Plácido Castro.
Traxectoria Estableceuse en Corcubión. Foi o fundador da Compañía General de Carbones e creou os depósitos flotantes de carbón. Mellorou o porto e construíu a torreta do Carromeiro Chico e outras sinalizacións. Tamén construíu a estrada de Cee ao Ézaro. En 1911 estaba establecido, coa familia, en Cardiff (Gales)Census of England and Wales, 1911, documento republicado pola galicianista Kirsty Hooper na súa conta de Twitter BooksonSpain.. Exerceu de vicecónsul de Suecia e Noruega en Corcubión, porto de grande importancia na súa época. Foi elixido deputado provincial polo distrito da Coruña-Carballo en 1905 como liberal-demócrata. Apoiou a candidatura de Anselmo Villar para deputado polo distrito de Corcubión nas eleccións de deputado a Cortes de 1905, que foi vencido por Ramón Sanjurjo NeiraHistoria de odios y rencores políticos. Plácido Castro Rivas y Manuel Miñones Barros: su influencia en Corcubión. Presentouse como independente ás eleccións de deputado a Cortes de 1910 polo distrito de Corcubión, pero foi derrotado por José del Moral Sanjurjo por escasa diferenzaNoticia en El Noroeste 10-5-1910, p. 1.. Despois de residir en Corcubión máis de trinta anos, en 1917 traspasou a industria á Compañía General de Carbones, dirixiu un manifesto ao pobo xustificándose, pediu á Corporación que o dese de baixa no padrón municipal e marchou da vila. En 1927 instalouse en Donosti, onde o acusaron de masón e marchou a Niza. Ao estalar a segunda guerra mundial exiliouse no Uruguai.
Filantropía No ano 1928 efectuou á Asociación de Periodistas de Madrid unha doazón que incluía varios inmóbeis, entre os que se atopaba o castelo do Príncipe, unha fortificación do século XVII localizada na parroquia da Ameixenda (Cee).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina de Corcubión Amistad
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Fisterra Categoría:Finados en 1945 Categoría:Nados en ano descoñecido