Bétera é un concello do leste da Península Ibérica, pertencente á provincia de Valencia e á comarca de Campo de Turia, na Comunidade Valenciana. Segundo os datos de 2009, conta cunha poboación de 20.740 habitantes, sendo o segundo concello máis poboado da comarca.
Está situada na vertente sur da Serra Calderona, a 15 km de Valencia e a 23 km do mar Mediterráneo, na zona limítrofe coa horta valenciana. Ten unha superficie con lixeiras ondulacións, alcanzando os 156 msnm no seu punto máis alto, destacando o barranco de Carraixet que o atravesa de noroeste a sueste.
Demografía Evolución demográfica1990 1992 1994 1996 1998 2000 2002 2004 2005 2007 2009 9.441 9.923 10.905 11.619 12.376 13.885 15.087 17.188 18.177 19.491 20.740
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina oficial do concello.
Categoría:Concellos da provincia de Valencia