miniatura|250px|Cobra de escada, especie inofensiva pero, coma todas, considerada popularmente como velenosa
A seguir recóllese a pegada das cobras na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.
En xeral, en Galicia considéranse velenosas tódalas cobras, aínda que isto sexa absolutamente erróneo. Admítese popularmente que o seu veleno é tan terrible que, de non actuar a tempo, calquera trabada dunha cobra é mortal. Por norma, crese que a cobra ten o veleno no ferrete ou ferrón, denominacións populares da súa lingua bífida pero hai quen cre que o teñen tanto na cabeza coma no rabo e mesmo en algures se cre que se se lles corta o rabo perden o veleno (Risco, 1950). Pénsase que se a cobra se morde a si mesma tamén se envelena.
Na zona de Mondoñedo din que a cobra morre se se lle toca na cabeza cunha vara de abeleira (Risco).
Supersticións en torno ás cobras Crese que as cobras nacen do ovo que poñen os galos cando chegan a cumprir sete anos (Risco), aínda que resulta máis habitual cinguir esta crenza ós basiliscos en particular (Fraguas) A crenza de que os galos vellos chegaban a poñer ovos estivo moi estendida, e o propio Xerónimo Feijoo admitía tal cousa aínda que negara que de aí saíse un basilisco: "Es verdad que el gallo en su última vejez pone un huevo; pero falso que este huevo sea de tan malas consecuencias ..." (Theatro Crítico Universal. Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes. Madrid, 1741. Tomo II. Px. 37-38)..
Tamén se di que lles nacen ás cando se fan vellas, e van voando así cara a un río, que seguen ata o mar. Noutros casos, voan cara Babilonia, onde van morrer (Fraguas). Segundo van voando, botan a seguinte maldición: "Pra Babilonia vou. Malia quen me veu de nova e non me matou" (Risco).
No verán, as cobras comen normalmente noutros animais: sapos, coellos etc. pero no inverno só comen terra (Risco), nun intento de explica-la hibernación destes animais, en refuxios soterrados. Moito máis común é a crenza de que as cobras se alimentan do leite das vacas e mesmo do das mulleres, ás que son quen de mamar mentres dormen sen que elas se dean conta Rodríguez González, Rodríguez López, Curt, Prieto, Mandianes. Crenzas semellantes existen en Portugal: "Da amizade da cobra pela mulher vem talvez a crença de que as cobras gostam de leite e mamam nas vacas e nas mulheres", e Risco engade que tamén o escoitou en Barcelona..
Para conseguir que unha muller se namore dun home, este ten que pasar unha agulla enfiada pola cabeza dunha víbora (outros din que ten que ser polos dous ollos) e despois dar unha puntada co mesmo fío na saia da muller, e deixalo alí (Risco, 1962). Fraguas localiza esta práctica nas montañas lucenses e especifica que ten que atravesa-la agulla de ollo a ollo e logo facer un cosido en forma de cruz nas costas da moza.
Por terras de Ourense din que metendo varios pelos de muller -que deben ser arrincados, non cortados- nunha garrafa de auga ben tapada, ó pouco tempo vólvense cobras vivas. En Pontevedra din que teñen que ser nove cabelos con raíz, e que a transformación en cobras se produce ós nove días (Risco 1962: 274).
Os mariñeiros respectan distintas crenzas supersticiosas cando saen a pescar. Así, por exemplo, evitan falar de cobras (como tampouco non falan da raposa, de curas, de zapateiros nin de xastres (Eliseo Alonso, 125). Tamén consta que os mariñeiros de Goián (Tomiño) buscaban asegurar unha boa pesca levando unha víbora na barca; levábana dentro dunha cana pechada cunha rolla e alimentábana co leite que lle botaban por un buratiño na rollaVítor Vaqueiro, s. v. víbora..
Toparse cunha cobra é sinal de mala sorte (Leiro), pero soñar con cobras agoira diñeiro (Risco, 1962). Para protexerse das cobras é ben encomendarse a San Xurxo: cando se vea unha cómpre rezar: "San Xorxe me valla" (Risco 1962:344).
Tamén se cre que as cobras buscan meterse pola boca no corpo das persoas que dormen no campo, aínda que se hai un lagarto próximo evitará o problema despertando ós homes dándolles co rabo na cara, advertencia que non fai coas mulleres. Unha vez dentro, fíxanse cravando os dentes nas entrañas. Como sempre deixan a punta do rabo fóra, poden sacarse tirando do rabo pero ten que facerse isto colléndoo cun bolo de pan quente, acabado de facer. Así, a cobra soltará os dentes e xa pode sacarse con facilidade. Outro método para facelo é colgar ó home polos pés e poñer un prato de leite baixo a cabeza, para que a cobra solte os dentes e baixe a beber no leiteVítor Vaqueiro, s. v. serpe..
Risco recolleu tamén a crenza de que as cobras mudan a pel (camisa) unha vez ó ano e que o fan entre dúas, tirando unha da pel da outra pola cabeza.
Remedios contra a picadura da cobra miniatura|250px|Detalle dos dentes dunha víbora Se se lava a mordedela dunha cobra (ou doutro animal pezoñento) con auga na que estivera somerxida unha vacaloura, destrúese a pezoña e sanda a ferida (Rodrígez González).
Cando a un lle pica unha cobra hai que coller un seixo e frega-la ferida con el. Despois tírase o seixo nunha poza de auga, á que por forza irá bebe-la cobra, momento que se aproveita para matala, liberándose así un da posible morte (Curt). Outros remedios contra a picada dunha cobra son abrir un pito vivo e apegalo na ferida atado cun pano (Terra de Melide) ou meter un lagarto no peito, baixo a camisa, ou baixo a pucha (Lis Quibén).
Rodríguez González cita unha planta, cabeza de cobra ou de cóbrega (Aristolochia longa), eficaz contra a mordida da víbora. Disque a cabeza desta parece imita-la flor: maxia simpática.
Existe unha pedra que os informantes non identifican pero que din que se forma ó fregarse variaas cobras unhas contra outras. Chámana pedra da pezoña e tense por un remedio eficaz contra a picada das cobras.
Mariño Ferro recolle no Castro de Caldelas (Ourense) o seguinte ensalmo para librarse dun mal de aire supostamente causado por unha cobra, mediante unha fórmula de expulsión por etapas: "Se es cobra/ ponte en roda,/ se es lagarto/ vaite ó buraco,/ se es sapo/ anda arrastro,/ se es araña/ vaite á baba". E estoutro en Redondela, tamén para protexerse dos malos aires: "Se é de mala muller, vaite para a mala muller,/ se é de sapo, vaite para o sapo,/ se é de cobra, vaite para a cobra".
Igualmente, cita que en Francia recitan esta fórmula para librarse da picada dunha cobra: "Mal, maldito mal, se ti estás na bile ou no fígado, salta á pel, da pel ó pelo e do pelo á terra".
A cobra na medicina tradicional A carne de cobra non ten mal e é tida por comestible, pero case ninguén a come. Si que se lle quita proveito máxico e medicinal, non sendo a cabeza e a cola, que é, como se dixo, onde teñen o veleno. Os menciñeiros aproveitan a carne, o unto, o caldo e, sobre todo, a camisa ou muda.
miniatura|250px|Camisa de cobra, usada na medicina tradicional galega. A carne e o caldo de cocer a cobra son bos para a tose ferina, a tise, o reuma e a tose das vacasDenominación popular da tuberculose bovina. (Risco, 1950; Vaqueiro, s. v. Serpe). O caldo de cobra, tamén é bo para cura-la tiña, como o é o do rato (Rodríguez González). O caldo de cocer unha cobra -sen cabeza nin cola e sen a pel- utilízase para cura-lo tuétano, doenza que a fonte (Curt) non identifica e que describe como "una enfermedad muy mala, pues se queda uno tieso y paralítico, muriéndose el que la padece rabioso".
A camisa ten tamén diferentes usos terapéuticos. Serve para cura-la dor de cabeza, para o que hai que colocala ó redor da cabeza suxeita cunha venda; tamén como remedio contra o mal de ollo. Para curar as dores da reuma é bo atar unha pel de cobra, a modo de cinto, nos enfermos e untar coa graxa a zona doridaVítor Vaqueiro, s. v. serpe.; o unto fritido aplícase en friccións contra a reuma (Lis Quibén). O enfermo tamén podía beber un caldo feito coa carne da cobra.
Lamas Carvajal recolleu este remedio contra o tangaraño dos nenos (é dicir, o raquitismo) dentro dun dos seus poemas:
Tamén se fai caldo de coce-la camisa da cobra e, dado a beber á parturiente, considérase remedio infalible para expulsar as secundinas (Rodríguez González, Rodríguez López, Víctor Vaqueiro).
Unha cobra viva, metida nunha cana e pendurada do pescozo, serve para curar os flegmóns: consonte a cobra vai secando, o flegmón vai cedendo.
Literatura oral Léxico derivado miniatura|250px|Pendentes de cobra Aguillón de cóbrega: herba miúda que bota en cada rama dúas vaiñiñas que asemellan a lingua dunha cobra. Cabeza de cobra (herba bicha): Aristolochia paucinervis. Cobra de cen pés: cempés. Lingua viperina: persoa maledicente. Pan de cobra/de cóbrega: cogomelo. Pendentes de cobra (soldaconsolda ou selo de Salomón): Polygonatum odoratum. Uvas de cobra (ou uvas de can): planta, Tamus communis. Víbora: persoa mordaz, ruín. Cobra de mar, cobra do mar (tamén miñoca de mar): denominación común a distintas especies de peixes serpentiformes, como Nerophis sp, Syngnathus sp (Mari Carmen Ríos Panise, 1977).
Locucións A rastro coma as cobras: miserablemente, pobremente. Tamén na forma De rasto coma as cobras, pasar moitas calamidades, ou como maldición: Arrastrado te vexas coma as cóbregas, ¡De rasto te vexas como as cobras! Andar coma a cobra cando perde a pezoña: andar sen tino. Asubiar coma unha cobra, bufar coma unha cobra. Coma lobo no inverno e coma cobra no verán: mostrarse irritable e agresivo. Domearse coma unha cobra Estonarse coma unha cobra: caerlle a pel a alguén. Querer sacar a cobra do burato coa man allea: pretender conseguir un proveito sen arriscar nada. Vello coma a serpe: moi vello.
Refraneiro Cobras en marzo, neve en abril Real Academia Gallega 1913, s. v. abril.. Cobras en marzo, neves en abril. Cóbregas en marzo, neve en abril. Cóbregas en marzo, neves en abril Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.. Neve en abril, cobras en marzo Eladio Rodríguez González, s. v. abril.. Non está o avogado tomado sen ver a cobra no mesmo estado. Polo San Pedro da Cuadrela sae a cóbrega de debaixo da pedra. Por San Pedro da Cuadrela sal a cobra da pedra San Pedro da Cuadrela refírese á Cátedra de san Pedro, que se celebra o 22 de febreiro. Por esas datas, quizais máis tarde, aa cobras saen do seu período de hibernación e comezan a asomar ó exterior.
Cantigueiro Auguiña do pozo clara / nada a cobra e bebe o peixe / ándame con lealtade / non temas a que eu te deixe. Da túa porta prá miña/ hai un salto dunha cobra/ inda lle hei de chamar/ a túa nai, miña sogra. Máis quero ter sete frebes/ e ser picada da cobra/ que ter a mala veciña/ axexando á miña porta. Os do Palmeira son tolos/ que o dixeron os da Puebla,/ repinican as campanas/ para matar a colebra Fermín Bouza-Brey 1929, 171. En nota explica a orixe desta cantiga, tomada de Os oestrimnios..., de Cuevillas.. Por baixo da túa ventana/ paséase unha culebra;/ todos din que ten veneno,/ eso teno a túa lengoa! Xaquín Lorenzo Fernández, 134.. Trataches de me enganar/ con faliñas amorosas;/ malas vivras te comeran,/ daquelas das máis rabiosas Xaquín Lorenzo Fernández, 156..
Adiviñas Anque non me piquen,/ eu hei de picar,/ como son filla do demo/ todos me han de matar. Debaixo de pínguilli pínguilli/ estaba o dúrmilli dúrmilli/ e veu o cómilli cómilli/ comer ó a dúrmilli dúrmilli./ Caeu o pínguilli pínguilli/ despertou ó dúrmilli dúrmilli/ que matou ó cómilli cómilli/ que viña comer ó dúrmilli dúrmilli.É un home que estaba a durmir debaixo dun piñeiro e dunha cobra que ía picarlle, pero nese momento caeu unha piña que despertou ó home, que matou á cobra. Debaixo dun pínguele pínguele/ estando un dúrmele dúrmele/ ía un fúnguele fúnguele/ dereito a dúrmele dúrmele;/ caeu entón pínguele pínguele/ e, esperto dúrmele dúrmele,/ matou a fúnguele fúnguele. Piquen que non piquen,/ eu hei de picar,/ que son filla do demo/ e algunha costela hei herdar.