México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec). Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e mais Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.
Toponimia upright|miniatura| Páxina do Códice Mendoza, onde se representa o glifo de México no centro do Anáhuac. México é unha entidade política que naceu no século XIX. Desde a súa conformación como Estado federal, o nome oficial do país é Estados Unidos Mexicanos, aínda que a Constitución de 1824 usaba indistintamente as expresións Nación Mexicana e Estados Unidos Mexicanos.Constitución de los Estados Unidos mexicanos (1824), passim A Constitución de 1857 fai oficial o uso do nome República Mexicana, pero no texto emprégase tamén a expresión Estados Unidos Mexicanos.Constitución de la República Mexicana (1857), passim A Constitución vixente, promulgada en 1917, establece que o nome oficial do país é Estados Unidos Mexicanos.
O xentilicio mexicano empregouse na lingua española desde o contacto entre europeos e americanos con diferentes sentidos. Para os españois do século XVI, os mexicanos eran os habitantes de México-Tenochtitlan e a súa lingua. Durante a colonia, algúns crioulos e peninsulares aveciñados na Nova España usaron o xentilicio para denominarse a si mesmos.Por exemplo, Francisco Xavier Clavijero comeza o seu Historia antiga de México e da súa conquista falando do país do Anáhuac no primeiro capítulo, pero ao longo del referirase indistintamente ao territorio mexicano ou reino dos mexicanos a unha ampla porción de Nova España que incluía non só os dominios dos mexicas, senón tamén territorios maias e purépechas. Os líderes da guerra de independencia vacilaron tanto na denominación do país como dos seus habitantes. A partir do Plan de Iguala, o país adoptará definitivamente o nome de México e os seus habitantes foron todos mexicanos.
México é un topónimo de orixe náhuatl cuxo significado é discutido. Deriva do vocábulo náhuatl Mēxihco , que designaba a capital dos mexicas. De acordo con Bernardino de Sahagún, o vocábulo significaría 'o embigo da lúa',De Metzxico: metz(tli) (lúa), xic(tli) (embigo, centro) e -co (locativo). Sahagún, Historia xeral.... suxestión que logo fixeron súa Cecilio Robelo, Alfonso Caso e Gutierre Tibón e que se popularizou a través dos libros de texto gratuítos. Con todo, esta hipótese non é sustentable porque a morfoloxía do náhuatl non admite unha derivación do topónimo a partir das voces propostas. Clavijero suxeriu que o topónimo debía interpretarse como '[no] lugar de Mexihtli', é dicir, de Huitzilopochtli, pois Mexihtli era un dos seus nomes alternativos. No mesmo texto, Clavijero engade como nota que creu por algún tempo que o vocábulo significaba 'No centro do maguey', pero que a través do coñecemento da historia dos mexicas chegou á conclusión de que o topónimo se refire ao deus tutelar dos aztecas.
Historia Artigo principal Historia de México México precolombiano Os primeiros achados arqueolóxicos en México teñen unha datación de máis de 20.000 anos, eran pobos que se dedicaban á caza e a recolleita de plantas e froitas silvestres. Arredor do 5.000 a.C. comezan a cultivar as primeiras plantas silvestres, e de nómades nun proceso longo convertéronse en bandas seminómades e posteriormente en comunidades sedentarias arredor do 2500 a.C.
Entre o 1200 e o 400 a.C. desenvólvese a escrita, o calendario e os grandes centros cerimoniais da cultura olmeca, localizada na costa do Golfo de México, nas actuais Veracruz e Tabasco, difundindo unha sociedade xerarquizada noutros pobos de Mesoamérica.
Entre o 400 a.C. e o 200 d.c. produciuse un aumento demográfico e da produción agrícola, desenvolvéronse máis centros urbanos e aumentou o comercio. Destacan neste período Teotihuacán, Monte Albán e as cidades estado maias como Palenque, Uxmán ou Copán.
O colapso das grandes cidades produciuse entre o 650 e o 900, é un período caracterizado pola inestabilidade política, a mobilidade social, estes cambios acentuáronse dende o século XI, cando pobos do norte, seguramente por motivos climáticos, migraron ao centro de México, e deron lugar a sociedades militaristas, ao ter que dominar os pobos asentados anteriormente nos territorios nos que se estableceron.
No centro de México déronse tres vagas migratorias diferentes, a tolteca nos séculos X e XII, a chichimeca, no XII e a mexica no XV
Conquista e colonización española miniatura|esquerda|175px|Hernán Cortés, capitán da expedición española, chamado posteriormente capitán xeneral do Vicerreinado de Nova España. As primeiras expedicións españolas á área que agora é México realizounas Francisco Hernández de Córdoba en 1517. En 1518 Juan de Grijalva explorou o sur de México. Pero foi Hernán Cortés en 1519 o que dende a actual Veracruz deu comezo á conquista española, obtivo a primeira vitoria militar nas costas de Tabasco e entre o botín de guerra estaba Malitzin que lle serviu de intérprete e foi vitar para coñecer as rivalidades entre os pobos mexicanos. Trala conquista de Texcoclo por Cortés diversas poboacións indíxenas, como os zapotecos aliáronse con el contra os aztecas, e tras unha serie de batallas os españois sitiaron a súa capital Tenochtitlán, conquistada en 1521. Tres factores contribuíron á rápida vitoria española, a superioridade do armamento e a utilización do cabalo, a expansión das novas enfermidades que traían os europeos e a axuda doutros pobos indíxenas que vían os aztecas como opresores.
Os conquistadores eran poucos, uns 2.000 arredor de 1530 e 10.000 en 1550, e o seu avance cara o norte foi lento, pola resistencia dos pobos nómades que alí habitaban, a guerra do Mixtón (1540-42) supuxo a conquista do territorio chichimeca e o descubrimento das minas de prata de Zacatecas (1546).
Cos conquistadores chegaron tamén os evanxelizadores cristiáns, organizouse a Inquisición e as fundacións relixiosas multiplicáronse en toda Nova España, en 1559 había uns 160 conventos e 800 relixiosos no territorio.
A conquista provocou tamén unha forte diminución da poboación indíxena, consecuencia non só das guerras, senón da expansión de novas enfermidades, os traslados de poboación, traballos obrigatorios para os indíxenas e unha mala alimentación, así a poboación pasou de 25.000.000 en 1519 a 2.600.000 en 1550.
Nos séculos XVII e XVIII houbo un aumento demográfico, ao mesmo tempo en que aparecían poboacións mestizas, mulatas e crioulas. A expansión da minería e a comercialización da agricultura e a gandería reforzaron a economía da colonia. Grandes extensións de terra eran propiedade dos brancos, que tamén dominaban a economía e a política colonial
A independencia Logo da invasión de España por Napoleón I os liberais e conservadores concordan en pedir máis autonomía para Nova España. A guerra de independencia de México comeza o 16 de setembro de 1810 dirixida por Miguel Hidalgo, un sacerdote crioulo e de ideas progresistas. Os sublevados apoderáronse de San Miguel el Grande e ao pouco tempo tiñan un exército de 25.000 homes, que en outubro eran xa 80.000. Entre os líderes independentistas sobresaían José María Morelos, Vicente Guerrero, Agustín de Iturbide e Antonio López de Santa Anna. A guerra durou once anos ata que os independentistas entraron na cidade de México en 1821. En agosto dese ano asinouse o Tratado de Córdoba en Veracruz entre o vicerrei español, Juan de O'Donojú, e Agustín de Iturbide que ratificaba o Plan de Iguala.
En 1821 Iturbide, un antigo xeneral español que cambiara de bando para loitar pola independencia, proclamouse emperador; oficialmente unha medida temporal ata que un membro da realeza europea asumira o posto. En 1823 unha revolta contra Iturbide estableceu a República de México e Guadalupe Victoria converteuse no primeiro presidente do país.
O século XIX estivo caracterizado pola inestabilidade política. A figura dominante no segundo cuarto do século foi o ditador Antonio López de Santa Anna. Neste período México perdeu os seus territorios máis ao norte. En 1836 Texas declarouse independente. Entre 1846 e 1848 estalou a guerra mexicano-americana que significou non só a perda dos territorios do norte, senón unha maior intervención norteamericana na política mexicana. miniatura|esquerda|160px|O segundo Imperio, Maximiliano I de México. En 1855 un presidente moderado, Ignacio Comonfort, chega ao poder e en 1857 apróbase a nova constitución, que tentaba unha vía intermedia entre os conservadores e os liberais. Nesta carta magna, a Igrexa católica mantén a maioría dos privilexios que tiña dende a época colonial, pero deixa de ser a única da nación. Isto provoca unha dura reacción da igrexa, que excomunga o goberno, e dos conservadores que se rebelan en armas contra o goberno. É a coñecida como Guerra de Reforma que dura ata xaneiro de 1861. Trátase unha guerra sanguenta e polariza politicamente ao país, de xeito que boa parte dos moderados únense aos liberais. Durante un tempo hai dous gobernos no país: o conservador na cidade de México e o liberal en Veracruz. A contenda remata coa vitoria dos liberais liderados por Benito Juárez.
En 1864 Maximiliano de Habsburgo convértese en emperador de México co apoio dos conservadores e dos franceses, interesados en explotar as ricas minas do noroeste do país. Porén, Maximiliano tentou seguir unha política liberal, o que provocou que os conservadores lle retirasen o seu apoio. Maximiliano foi, finalmente, capturado polas forzas leais a Benito Juárez e fusilado en Cerro de las Campanas, Querétaro en 1867. Restableceuse a república e redactouse unha nova constitución que confiscaba as enormes propiedades da Igrexa Católica e establecía a separación de Igrexa e Estado.
En 1876 o xeneral Porfirio Díaz rebelouse contra o goberno, co apoio dos conservadores, e mantívose no poder ata 1911, período que se coñece como o porfiriato. Foi un período de relativa prosperidade e paz, pero as condicións das clases máis baixas empeoraron ao desapareceren os "ejidos", as terras que os indios cultivaban de xeito comunal. Estas terras pasaron a engrosar os grandes latifundios. Porén, non se permitía a disidencia política, manténdose no poder un sistema político corrupto baseado na sistemática falsificación do sufraxio electoral.
En 1910 o xa ancián presidente decidiu presentarse para outro mandato. Aínda que pensaba non contar con ningún opositor serio, apareceu Francisco Madero, un académico de rica familia que decidiu presentarse. Madero rapidamente obtivo popularidade e Díaz ordenou metelo na prisión. As eleccións foron unha fraude enorme: oficialmente Madero só recibiu uns poucos centos de votos. Isto provocou revoltas populares por todo o país.
A Revolución mexicana miniatura|Pancho Villa e Raúl Madero O 20 de novembro Madero redactou o coñecido como Plan de San Luis Potosí, no que chamaba a loitar contra o goberno ditatorial. Así deu comezo a chamada Revolución mexicana. O exército federal foi derrotado polas forzas revolucionarias dirixidas, entre outros, por Emiliano Zapata no sur, Pancho Villa e Pascual Orozco no norte e Venustiano Carranza. Porfirio Díaz dimitiu e marchou ao exilio a Francia.