Illa de Disko ou Qeqertarsuaq é unha grande illa na Baía de Baffin, na costa oeste de Groenlandia a unha latitude de 70° norte, e cara ao norte da baía de Disko. Ten unha superficie de 8.578 quilómetros cadrados, polo que é a segunda illa máis grande de Groenlandia (logo da illa de Groenlandia) e unha das 100 illas máis grandes do mundo. O nome Qeqertarsuaq significa A Illa Grande (de qeqertaq= illa).

Xeografía A illa ten unha lonxitude duns 160 quilómetros, unha área de 8.578 quilómetros cadrados, e elévase ata unha altura media de 975 metros, alcanzando un máximo de 1.919 metros. O porto de Qeqertarsuaq (nome da illa, e tamén coñecido como Godhavn) atópase na súa costa sur.

Os depósitos de minerais, os fósiles e as formacións xeolóxicas son o máis interesante da zona. Hai máis de 2000 fontes termais na illa.

Historia Erik o Roxo fixo a primeira visita á illa de Disko, nalgún momento entre 982 e 985 e foi utilizada como base para a caza e a pesca de verán polos colonos viquingos.

Galería

Véxase tamén

Ligazóns externas Webseite der dänischen Forschungsstation ARKTISK Björn-Erik Sass, Die Zeit: Hier tanzt der Bär (Längerer Artikel über die Diskoinsel vom 8. März 2007) Fotos und Informationen zur Diskoinsel bei 22places

Categoría:Xeografía de Groenlandia Categoría:Illas do Atlántico