A illa Graham (en inglés, Graham Island, tamén coñecida en lingua haida como Haida Gwaii, «terra dos haida») é unha grande illa próxima á costa oeste do Canadá (2.608 km²), a maior das dúas grandes illas do arquipélago da Haida Gwaii, pertencente á provincia da Columbia Británica.
A illa está separada do continente polo estreito de Hecate e, ao sur, unha estreita canle, o Canal Skidegate, sepáraa da outra grande illa do arquipélago da Haida Gwaii, a illa Moresby -ou Gwaii Haanas, na lingua dos haida- e da máis pequena illa Chaatl. Ao norte, o Dixon Entrance sepáraa da Illa Príncipe de Gales, unha illa pertencente xa ao estado de Alasca.
Na parte nororiental da illa estableceuse o parque provincial Naikoon. Na parte setentrional, hai un profundo e estreito entrante, o Masset Inlet, que dá acceso a un case lago interior, na parte central da illa, onde están os asentamentos de Port Clements e Juskatla. Na costa occidental, a que abre ao Pacífico, están a baía de Beresford e, máis ao sur, o Rennell Sound.
A costa occidental é máis accidentada e nese lado da illa están as cordilleiras da raíña Carlota (Queen Charlotte Ranges)
Comunidades Juskatla Massett Port Clementss Queen Charlotte Skidegate Tlell
Atraccións Naikoon Provincial Park North Beach Kano Inlet
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Haida Gwaii Ligazóns externas Sea islands, Natural Resources Canada Atlas of Canada
Graham Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Arquipélago de Haida Gwaii