miniatura|370x370px|O Concilio de Lugo na edición de Loaísa (1593) O Concilio de Lugo (a. 569) foi un sínodo católico da Gallaecia convocado, segundo afirman os textos onde se conservou a noticia, polo rei suevo Teodomiro o 1 de xaneiro do ano 569 (era DCVIIª) "para confirmar a fe católica e por outras causas da Igrexa".

Historia Así, finalizado o concilio canónico pasaríase á lectura dunha carta do rei na que, para a mellor administración do reino, convidaba aos padres conciliados en Lugo a ergueren novos bispados, e a elixiren, debido á grande extensión do país, unha outra sé metropolitana; escolleran entón os bispos a sé de Lugo para que fose metropolitana "así como Braga", e repartiran a cada catedral as dioceses e parroquias que lles correspondían, "para que non ocorrese entre os bispos contenda ningunha"Brito (1609: 194v)Contador de Argote (1734: 806).

É de notar que, perante a falta de actas deste sínodo (o documento só contén, ademais da noticia introdutoria, unha lista coas dioceses do reino dos suevos), algúns historiadores, con Enrique Flórez á cabeza, concluíron que a celebración do concilio de Lugo era moi dubidosa, e que eran falsos ou serodios os documentos onde ela se conténFlórez (1749: 130-176).. Pierre David, pola contra, estabeleceu a autenticidade básica (Parochiale sueuum) do repartimento diocesano que figura no texto dos documentos coñecidos como Concilio de Lugo, aínda que fixou a súa redacción entre os anos 572 e 582 (quer dicir, despois do segundo Concilio de Braga e so o reinado de Miro, sucesor de Teodomiro), e entendía que o limiar coa nova do Concilio e a lectura da carta do rei era unha confusa adición do século VIIDavid (1947: 64-68)..

Loaísa editou en latín a primeira versión impresa do Concilio de Lugo, a partir dunha copia do texto tirada dun códice lucense do século XII, hoxe perdidoLoaísa (1593: 128-129).. Lucas de TuiTudensis (1608: 55-56)., BritoBrito (1609: 194v-196)., Contador de ArgoteContador de Argote (1734: 849-852). e M. RiscoRisco (1796: 341-343). publicaron outras versións do documento achadas por eles en diferentes manuscritos; da súa parte, Sáenz de AguirreSáenz de Aguirre (1694: 300)., o citado FlórezFlórez (1749: 131-133). e MansiMansi (1763: col. 815-816). reproducen a versión impresa por Loaísa, a mesma verquida despois por Huerta y Vega ao españolHuerta y Vega (1733: 398-401).. Finalmente, a edición crítica do texto latino foi obra de DavidDavid (1947: 30-44)., e del pasou ao Corpus christianorumCch (1965: 411-420)..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Corpus christianorum (ed. 1965): “Parochiale sueuum (seu Diuisio Theodemiri seu Concilium Lucense a. 569)”, Series Latina, CLXXV: Itineraria et alia geographica, Brepols, Turnhout.

Categoría:Historia de Lugo Categoría:Concilios Categoría:569 Categoría:Reino Suevo Categoría:Século VI en Galicia