San Cristovo é un lugar da parroquia de Paizás, no concello ourensán de Ramirás. Segundo o IGE do 2010 tiña 21 habitantes dos que 15 eran homes e 6 eran mulleres.

Situado na estrada nacional entre Celanova e Vilavidal, está condicionado pola pequena industria dos aluminios. O nome San Cristovo corrompeuse durante o franquismo a "San Cristobo" por influencia do castelán, como pode verse en sinais antigos á entrada da aldea. Nesta época, a poboación viuse minguada por unha forte emigración e vive un continuo despoboamento e envellecemento dende hai anos, como no caso de moitos lugares do interior ourensán, o que provocou que a meirande parte das antigas vivendas se atopen abandonadas ou en estado ruinoso.

Lugares e parroquias

Lugares de Paizás

Parroquias de Ramirás

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ramirás

Categoría:Lugares de Ramirás