"Rocket" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins. Foi o cuarto e derradeiro sinxelo do seu segundo álbum, Siamese Dream, e foi escrita por Billy Corgan. O sinxelo en CD é unha rareza valiosa para os seguidores da banda, xa que só foi editado en Australia. "Rocket" foi un dos poucos sinxelos que non apareceron no recompilatorio da banda Rotten Apples.
Lista de cancións "Rocket" - 4:06 "Never Let Me Down Again" (Depeche Mode) - 4:01
Categoría:Sinxelos de 1994 Categoría:Cancións de The Smashing Pumpkins Categoría:Composicións musicais de rock alternativo