A PO-205 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Silleda e Vila de Cruces; atravesa os concellos de Silleda, Vila de Cruces e Lalín. Ten unha lonxitude de 14,51 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525 en Silleda e finaliza nun cruzamento coa PO-905 en Vila de Cruces.

Percorrido

Iníciase nunha rotonda en Silleda que a enlaza coa N-525 e a EP-7201, aproximadamente no punto quilométrico 303 da primeira. A apenas no punto quilométrico 1,5 da saída, unha rotonda enlázaa co casco urbano sillendense e cunha das entradas ao Recinto Feiral da Semana Verde de Galicia. Ao punto quilométrico 2, unha rotonda fai de enlace coa autoestrada Central Galega (AP-53). Pasado o punto quilométrico 5, chégase ao viaduto sobre o río Deza, co que se cambia de concello. Unha vez no de Vila de Cruces, ao punto quilométrico 6.5, aparta unha pista á dereita que leva ao Santuario da Nosa Señora do Corpiño. Mediado o punto quilométrico 9, únese a ela a estrada Prado-Bodaño, por onde tamén podemos acceder ao Corpiño. Aproximadamente ao punto quilométrico 14, aparece unha rotonda, que indica o inicio do casco urbano das Cruces. A última rotonda, no punto quilométrico 15, pon fin a esta estrada, enlazándoa coa PO-206, que une As Cruces con Lalín e coa PO-905, que remata no encoro de Portodemouros.

Parroquias que atravesa

No concello de Silleda: a propia Silleda e Ponte. No concello de Vila de Cruces: San Pedro de Losón, Bodaño, Oirós, Besexos e As Cruces. No concello de Lalín: Losón (atravésaa entre San Pedro e Bodaño).

Construción e descrición

A construción desta estrada comezou o 14 de novembro de 1992, inaugurándose ao tráfico o 27 de setembro de 1993. A principal dificultade que se atoparon os promotores foi o río Deza, que separaba os concellos de Silleda e Vila de Cruces, obstáculo que salvaron coa construción dun viaduto de 155 metros sobre o mesmo.

Notas

Categoría:Estradas da rede primaria complementaria de Galicia na provincia de Pontevedra Categoría:Silleda Categoría:Vila de Cruces Categoría:Lalín