Germán Lago Durán, nado en Vigo o 19 de outubro de 1883 e finado en Madrid o 19 de decembro de 1967, foi un músico galego.
Traxectoria Era fillo de Emilio Lago e de Manuela Durán. A súa mocidade e parte da súa vida discorreu na bisbarra do Val Miñor, no camiño que vai da estrada de Baiona á casa reitoral de Santa Cristina da Ramallosa, a carón da casa señorial dos del Río e fronte á casa do Regalo, propiedade de José Rial Valverde "O Pataqueiro".
Estudou solfexo e piano en Baiona con Urbano Vernet, fundador e director da Banda de Música Mougas, despois chamada de Baiona. En 1900 pasou a dirixir o orfeón La Lira de Gondomar.
O 17 de abril de 1909 o concello de Vigo pagoulle unha bolsa de 1.500 pesetas para continuar a súa formación, indo a Madrid a estudar violín e harmonía. Nese mesmo ano acadou o título de profesor de violín no Conservatorio de Madrid coa clasificación de Sobresaliente, e propúxoselle perfeccionar a súa carreira no estranxeiro.
Tiña unha voz ben timbrada, e cantaba ben fados e tangos, aprendidos pola influencia da proximidade de Portugal e polos aires traídos polos emigrantes retornados de América. Por estas datas compuxo as pezas "Lembranzas" e "Meu Fillo".
En 1911 formou a Orquesta Mandolinista Española, composta por instrumentos de puga, guitarras e piano que por veces el mesmo tocaba. Os concertos dados por esta orquestra en Madrid acadaron moi boas críticas nos periódicos El Liberal e ABC, e consegue un contrato para actuar no Alambra Palace de Londres.
En 1914 deixa a praza de profesor de violín do Conservatorio de Madrid debido a unha grave enfermidade, e vese obrigado a disolver a Orquesta Mandolinista Española, e regresa a Vigo para coidarse da súa doenza. Ao cabo dun ano volve a Madrid e empeza a traballar no Instituto Geográfico.
En 1915, xa reposto da doenza, regresa a Madrid, onde crea a Orquesta del Centro de Hijos de Madrid, composta por instrumentos de puga e guitarras. Preséntase o 26 de xullo dese mesmo ano, e a orquestra interpretaba tanto un repertorio popular e de zarzuela como obras de Enrique Granados, Isaac Albéniz, Francisco Tárrega, Bach ou Mozart. A agrupación desfíxose por problemas económicos.
En 1928 organiza os primeiros ensaios da futura Orquesta Ibérica de Madrid, composta por 50 profesores: bandurrín, bandurra principal (concertino), bandurras 1ª (divididas en A e B), bandurras 2ª (divididas en A e B), laúde contralto, laúde tenor (divididos en A e B), laúde baixo, guitarra 1ª e guitarra 2ª. O primeiro concerto tivo lugar o 14 de xuño de 1929 no Teatro de la Comedia de Madrid.
O músico e musicólogo vigués Juan José Mantecón Molins escribiu para o diario La Voz:
Nesta tempada Germán Lago alternaba o seu traballo na Facenda Pública, onde chegou a ser Xefe de Administración, cos ensaios da orquestra, ademais de dar clases de guitarra, bandurra e laúde na sociedade Fomento de las Artes.
En 1930 foi nomeado socio número 30 da Asociación Española de Concertistas, e ofrecéuselle o posto de catedrático de guitarra en Tetuán.
A Orquesta Ibérica tivo dúas fases. A primeira viuse interrompida pola Guerra Civil, e a segunda tivo lugar entre 1940 e 1965.
O vencello do compositor co Val Miñor reflíctese co pasodobre "Gondomar", estreado o 5 de abril de 1936 abrindo o concerto que a Banda Municipal de Madrid realizou no Parque del Retiro baixo dirección de José María Martín Domingo quen lle cedeu a batuta a Germán Lago.
Na primeira fase da orquestra foron gravados na marca Odeón a "Serenata de la Fantasía Música" de Ruperto Chapí e o "Capricho Arabe" de Francisco Tárrega. Na segunda fase incorporáronse nomes da relevancia coma Manuel Grandío (concertino), Gregorio Rubio, Santiago Nebot ou os irmáns Ernesto e Claudio Tabernero.
Lago rexeitou unha oferta da Falange Española para incluír a Orquestra ao Movimiento Nacional, e apoiouse no mecenado dos seus amigos galegos, coma o Lar Gallego, que lle ofrecía os seus locais para ensaiaren dende as 10 ás 12 da noite varios días á semana. Despois os ensaios foron realizándose noutros locais, na rúa Farmacia, na praza de Santa Ana, ou na rúa Imperial, nun local compartido coa Banda Municipal de Madrid.
A reaparición da Orquesta en 1940 foi acollida na prensa con críticas favorables:
Tamén tivo repercusión no ámbito internacional. Así, Kart Wecher, director do local de concertos Hollywood Bowl, que escoitou a orquestra invitado polo doutor Antonio Vallejo-Nájera, manifestou no Los Angeles Times que as dúas grandes impresións que levara de España foran a colección de Stradivarius do Teatro Real e a Orquesta Ibérica de Madrid.
Por mor das boas críticas e os logros artísticos acadados, o Ministerio de Educación e Ciencia concedeu á agrupación unha bolsa de 60.000 pesetas anuais, pero non conseguiu axudas para ir dar concertos a países que a invitaban coma Suíza, Países Baixos ou Suecia.
En 1957 ofreceu a súa derradeira actuación importante no Instituto de Cultura Hispánica. Anos máis tarde da súa desaparición o musicólogo Federico Sopeña escribía:
Germán Lago pasaba as feiras de verán no Val Miñor, frecuentando o xa desaparecido bar Chaín de Gondomar, a carón do río Zamáns e preto do antigo campo da feira das Gaiandas. Nas últimas tempadas hospedábase no bar Galicia da Ramallosa.
Xa maior casou con Cristina Ortega Collantes, pero non tiveron fillos. Vivían nunha casa de alugueiro no número 41 da rúa Juan Tornero de Madrid. Tiña cancro de pulmón, e finou ás doce horas do 19 de decembro de 1967 debido a un colapso cardíaco. Foi enterrado no Cementerio de la Almudena.
O cuarteto Aguilar foi fundado en 1923 por compañeiros de estudos: Ezequiel (laudín), Pepe (laudete), Elisa (laúde) e Paco Aguilar (laudón). E a primeira agrupación de plectro que incorpora o laudón e o laudete.
A orquestra de Plectro Germán Lago de Portillo (Valladolid), foi fundada en 1990 co nome Orquesta de Pulso y Púa Andrés Segovia, mudando o nome no ano 2000. Está composta polos alumnos da escola de música Andrés Segovia de Portillo, a proposta de Jesús Gutiérrez Lebrero. Actualmente e un grupo de vinte membros de diversas edades.
A Fundación Joaquin Diaz – Museo de instrumentos musicales de Ureña organiza os certames de plectro Germán Lago desde o ano 2002, coa participación dos grupos máis importantes da España.
Obras Composicións "Ondinas" valse lento para banda (1912) "Progreso" pasodobre para banda (1912) "Recordación" marcha para banda, editada por Villanueva e Hijo (Vigo 1914) "Cantares de Asturias" (rapsodia) "Chispero" "Gondomar" (pasodobre) "Lembranzas" "Meu fillo" "Verónicas y faroles" (pasodobre toureiro)
Arranxos e adaptacións "Amparito Roca" (pasodobre, de Jaime Texidor) "Andaluza" (danza nº 5, de Enrique Granados) "Aragonesa" (jota, de R. Morena) "Badajoz canta" (pasodobre, de Bonifacio Gil) "Bolero de Bunyola" (adaptación de Renato Morena) "Bosques de Viena" (valses, de Johann Strauss) "Canción de Solveigs de Peer Gynt" (suite II de Edvard Grieg) "Canción india" "Carrascosa" (pasodobre, de Jaime Texidor) "Coro de repatriados" (de M. F. Caballero) "Dame un clavel (Clavelitos)" (valse, do mestre Monreal) "Danubio azul" (valse, de Johann Strauss) "Danza húngara nº 5" (de Johannes Brahms) "Debajo de tu ventana" (valse, de Renato Morena) "El baile de Luis Alonso" (intermedio, de J. Jiménez) "El barberillo de Lavapies" (selección de Francisco Asenjo Barbieri) "El carnaval de Venecia" (valse, de Niccolò Paganini) "El fallero" (pasacalle, de José Serrano) "El guitarrito" (serenata, de A. Pérez Soriano) "El señor Joaquín: Balada de M. F. Caballero) "El silbidito" (adaptación de Renato Morena) "El sitio de Zaragoza" (fantasía militar, de Cristóbal Oudrid) "En la noche perfumada" (valse, de Ernesto Lecuona) "Estudiantina" (de Ernesto Lecuona) "Estudiantina de Madrid" (pasarrúas, de Ricardo Freire) "Fonseca" (valse, adaptación de R. Morena) "Gallito" (pasodobre, de Santiago Lope) "Gigantes y cabezudos" (jota de M. F. Caballero) "Humoresca" (op. 101, nº 7 de Antonín Dvořák) "Ifigenia en Aulida" (gavota, de C. W. Gluck) "L’entrá de la murta" (de S. Giner) "La alegría de la huerta" (selección de Federico Chueca) "La boda de Luis Alonso" (intermedio de J. Jiménez) "La criolla" (habanera sobre motivo popular) "La Dolores" (jota, de Tomás Bretón) "La estudiantina canta" (pasarrúas, de A. Carmona) "La gracia de Dios" (de R. Roig) "La Gran Via" (selección de Chueca e Valverde) "La paloma" (habanera, de Sebastián Iradier) "Largo de la opera Jerjes" (de Georg Friedrich Händel) "Las cintas de mi capa" (pasarrúas, de Enrique Villillas) "Los tunos rondadores" (pasodobre, de Julián Pinilla) "Leyendas de los bosques de Viena" (valse, de Johann Strauss) "Luchando tercos y rudos" (de M. F. Caballero) "Marcha militar" (op. 51, nº 1, de Franz Schubert) "Marcha nupcial" (d' O soño dunha noite de verán, de Felix Mendelssohn) "Marcha nupcial" (de Lohengrin, de Richard Wagner) "Marcha turca" (da sonata en la maior de Mozart) "Margarita" (marcha, de Enrique de Ulierte) "Maruxa" (preludio do 2º acto de A. Vives) "Mi bella Aurora" (valse de Renato Morena) "Minueto" (de Noite musical, de Mozart) "Minueto en sol" (de Beethoven) "Minuetto" (de G. Bolsón) "Momento musical" (op. 94 nº 3 de Franz Schubert) "Ondas do Danubio" (valse de Ion Ivanovici) "Oriental" (danza española, de Enrique Granados) "Pan y toros" (pasarrúas, de Francisco Asenjo Barbieri) "Per tu ploro" (sardana, de Pep Ventura) "Piropos de la tuna" (valse, de Julián Pinilla) "Pisa mi capa" (pasarrúas, de Julián Pinilla) "Polonesa" (da Suite en si menor de Johann Sebastian Bach) "Rondalla: noche de estrellas" (valse, de Alfonso Esparza Otero) "Rondalla aragonesa" (danza nº 6, de Enrique Granados) "Rondalla estudiantil" (pasarrúas, de M. Jiménez Ocaña) "Rondó" (da Suite en si menor de Johann Sebastian Bach) "Rosas do sur" (valse, de Johann Strauss) "Santa Lucía" (napolitana, adaptación de Renato Morena) "Serenata", (do Cuarteto op. 3, nº5 de Joseph Haydn) "Sobre las olas" (valse de Juventino Rosas) "Soy de Santurce" (adaptación de Renato Morena) "Torre Bermeja" (serenata de Enrique Granados) "Universitarios" (pasarrúas, de Renato Morena) "Valencia" (marcha, de José Padilla) "Oriental" (danza española, de Enrique Granados) "valse" (nº 6 de Mozart) "Vida de estudiante" (pasarrúas de J. Pinilla) "Vito" (pasodobre flamenco de S. Lope)
(As partituras das obras destacadas enriba están no fondo da Biblioteca Nacional)
A Editorial Música Moderna publicou máis de 250 obras de Germán Lago (composicións, arranxos, métodos...), pero xa non está dispoñible á venta.
Gravacións da Orquesta Ibérica de Madrid
"La Tempranita" (fantasía de Jiménez) e "Himno a la Exposición de Valencia" (Serrano); Odeón (1929) "¡Airiños, aire!" e "Festa n’a tolda" (rapsodias galegas de Gustavo Freire); Odeón (1930) "Agua, azucarillos y aguardiente" (fantasía de Federico Chueca Robles); Transoceanic Trading Cº (1931) "Agua, azucarillos y aguardiente" (fantasía de Federico Chueca Robles); Odeón (1940) "La viejecita" (minué); "Al espejo al salir me miré" (de Manuel Fernández Caballero); Odeón (1951) "Marcha turca" (Mozart) e "Momento musical" (Schubert); Transoceanic Trading Cº.
Orquesta Ibérica de Madrid – Selección: "(La Verbena de la Paloma/Bretón; La viejecita/ Caballero; La Dolores, Pasacalle, Jota, Garín y Sardana/ Bretón; Fantasia morisca/ Chapí; Capricho árabe/ Tárrega Garín) –Columbia -1958 Orquesta Ibérica de Madrid – Selección: "(Cantares de Asturias/ Germán Lago; La mesonera de Tordesillas/ Moreno Torroba; Guitarras y bandurrias/ Soutullo y Vert; Viva Navarra/ Larregla; El sombrero de tres picos, Danza delmolinero/ Manuel de Falla; Tamborcillo de Navidad, Muérdago y La carrasquilla/ Guridi; Farruca/ Muñoz Molleda; Paño murciano/ J. Nin; Rústica y Calesera/ Joaquín Rodrigo; Gavota/ Tárrega) -Columbia -1958 "Orquesta Ibérica de Madrid – Vol. 1: