As ciconiformes (Ciconiiformes) son unha orde de aves que, tradicionalmente, incluíu unha variedade de aves grandes, pernilongas, coas ás moi grandes, como as cegoñas, garzas, garcetas, os ibis, etc., pero actualmente inclúe só as cegoñas (Ciconiidae). As Ciconiformes son coñecidas dende o Eoceno tardío. Inclúe 116 especies.
Conduta Certamente unha das razóns que chama a atención das Ciconiiformes é o seu senlleiro xeito de moverse. Ese estilo especial de movemento, percibido coma "elegante" ou "comicamente zoupón", acentúase nos rituais condutuais comúns no grupo.
Algunhas Ciconiiformes non emiten canto algún, e a vocalización na maioría das especies é bastante limitada. Así, os rituais e despregaduras son os medios primarios de comunicación. Estas condutas parecen ser case completamente determinada xeneticamente. De feito, un estudo que analizou as condutas e rituais de cegoñas como se fosen caracteres anatómicos e reconstruíron unha árbore taxonómica case idéntica á árbore que se construíu polos caracteres anatómicos e bioquímicos. Os rituais asociáronse coa selección de compañeiro inicial, o macho "anunciando" o sitio do niño e a expresión da femia de interese nos bens raíces do macho.
Taxonomía A taxonomía das ciconiformes é controvertida. Segundo Clements,Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology inclúe as seguintes familias:
Ardeidae (incluíndo Cochlearidae, peteiro de bota) - garzas Threskiornithidae - ibis de pescozo abrancazado Scopidae - ave martelo Ciconiidae - cegoñas Balaenicipitidae - peteiro de zapato
O concepto de ciconiformes é, para outros autores, moi distinto: Ciconiidae Cathartidae Falconidae Accipitridae Burhinidae Chionidae Haematopodidae Dromadidae Ibidorhynchidae Recurvirostridae Charadriidae Rostratulidae Jacanidae Pedionomidae Thinocoridae Scolopacidae Glareolidae Laridae Stercorariidae Alcidae Pteroclididae
A clasificación de Sibley-Ahlquist é totalmente diferente das anteriores.
Notas
Categoría:Ciconiformes