Os podicipédidos (Podicipedidae) son a única familia actual da orde Podicipediformes. Son aves acuáticas cosmopolitas (atópanse en todos os continentes) coñecidas vulgarmente co nome de somorgullos ou mergullóns. Características Son aves acuáticas que a miúdo se mergullan en busca de alimento ou para agocharse dos seus depretadores. Son moi bos mergulladores, bastantes gregarios, voan pouco, necesitan longos intentos para levantar voo, cando camiñan (raramente) en terra, andan ergueitos. Constrúen niños flotantes, pon varios ovos xeralmente branquecinos, que logo toman cor. Son semellantes aos parrulos. Presentan unha plumaxe compacta satinada que adoita ser moi vistosa. Os seus peteiros son cónicos, a é cola rudimentaria, as patas teñen catro dedas lobuladas. Non existe o dimorfismo sexual entre machos e femias. Adoitan ter plumaxes dimórficas estacionalmente, dependendo se se atopan na estación reprodutiva ou non.
As especies de Norte América e Eurasia son migratorias nos seus territorios, con áreas de distribución para invernar e áreas de distribución reprodutivas separadas. As especies de Suramérica, adoitan ser migratorias mais non en todos os casos.
Especies
Existen 20 especies divididos en seis xéneros, pertencentes a unha soa familia Podicipedidae:
Xénero Podiceps Podiceps grisegena Podiceps cristatus Podiceps auritus Podiceps nigricollis Podiceps andinus (extinto dende 1977) Podiceps major Podiceps occipitalis Podiceps taczanowskii Podiceps gallardoi Xénero Tachybaptus Tachybaptus ruficollis Tachybaptus novaehollandiae Tachybaptus pelzelnii Tachybaptus rufolavatus (probablemente extinto dende 1980) Tachybaptus dominicus Xénero Aechmophorus Aechmophorus occidentalis Aechmophorus clarkii Xénero Rollandia Rollandia rolland Rollandia microptera Xénero Poliocephalus Poliocephalus poliocephalus Poliocephalus rufopectus Xénero Podilymbus Podilymbus podiceps Podilymbus gigas (extinto dende 1989)
En Galicia En Galicia existen seis especies pertencentes á orde Podicipediformes. <center> {| class="wikitable" border="0" style="background:#ffffff" align="top" class="sortable wikitable" |+ align="center" style="background:#008844; color:white" |Podicipédidos en Galicia |- ! style="background:Moccasin; color:Black" width=200 px|EspecieAutoridade, ano ! style="background:Moccasin; color:Black" width=160 px|<center>Nome vulgar ! style="background:Moccasin; color:Black" width=40 px|<center>EC ! style="background:Moccasin; color:Black" width=100 px|<center>Distribución ! style="background:Moccasin; color:Black" width=100 px|<center>Imaxe ! style="background:Moccasin; color:Black" width=180 px|<center>Poboación |- |Podilymbus podicepsLinnaeus||<center>Mergullón bicogroso||<center>||||150px|| |- |Tachybaptus ruficollisPallas||<center>Mergullón pequeno||<center>||120px||150px|| |- |Podiceps cristatusLinnaeus, 1758||<center>Mergullón cristado||<center>||||150px|| |- |Podiceps grisegenaBoddaert||<center>Mergullón cincento||<center>||||150px|| |- |Podiceps auritusLinnaeus, 1758||<center>Mergullón real||<center>||||150px|| |- |Podiceps nigricollisC. L. Brehm||<center>Mergullón orelleiro||||||150px||
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Vídeos de somorgullos en Internet Bird Collection
Categoría:Podicipediformes Categoría:Podicipédidos