A dos emberícidos (Emberizidae) é unha familia de aves da orde das paseriformes presente en todos os continentes excepto en Oceanía e na Antártida.
O grupo ten maior biodiversidade nas Américas, e os seus membros reciben o nome de escribidores, escribentes, escribidoras ou escribentas (e en Noreamérica, ás veces, pardais (sparrows) do Novo Mundo, aínda que constitúa un clado distinto da familia dos pardais, os paséridos).
Comprende uns 30 xéneros e 179 especies, cuxa clasificación aínda se encontra en debate e, ás veces, agrúpanse cos frinxilídos.
O grupo ocupa unha enorme diversidade de hábitats terrestres, en climas temperados, tropicais e subtropicais e nas rexións polares, que inclúen zonas áridas, desérticas, agrícolas, de bosque, de tundra e pantanosas.
Características Os emberícidos son aves de pequeno a mediano tamaño, de entre 10 e 25 cm de lonxitude. Os machos son un pouco maiores que as femias e, nas especies onde o dimorfismo sexual está presente, teñen cores máis brillantes. O bico é curto e cónico, adaptado a unha alimentación a base de sementes e insectos (estes últimos, especialmente nos individuos novos). A maior parte das especies non beben auga.Baptista, Luis F. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds. (Joseph Forshaw, ed.). London: Merehurst Press. ISBN 1-85391-186-0, pp. 210-212.
A época de reprodución ocorre no verán ou, nas zonas tropicais, na época das chuvias. A maioría das especies forman parellas monogámicas, aínda que hai excepcións.Baptista, L. F. Op. cit. O niño constrúeno no solo ou en árbores, con anacos de pólas e follas, e nunca é reaproveitado. As femias poñen entre 3 e 5 ovos de cor branca ou azulada, que incuban soas ao longo dun período de 11 a 14 días. Os polos son bastante precoces e fanse independentes en menos dun mes, atinxindo a madurez sexual ao fin do primeiro ano de vida.
Os embericídos son aves diúrnas e bastante territoriais na época da reprodución. Algunhas especies, especialmente as que viven en elevadas latitudes, son migratorias. Dentro do grupo só os machos emiten vocalizacións.
A IUCN non lista ningunha especie do grupo en perigo de extinción pero as poboacións de emberícidos están declinando a escala mundial, debido á perda de hábitats e á deforestación.
Pénsase que os emberícidos evolucionaron en América, migrando despois para Asia e Europa vía estreito de Bering.
Sistemática A clasificación dos emberícidos está nun proceso de profunda revisión.Burns, K. J., S. J. Hackett, e N. K. Klein (2002): "Phylogenetic relationships and morphological diversity in Darwin's finches and their relatives". Evolution 56 (6): 1240-1252.Lougheed, S.C., J. R. Freeland, P. Handford e P. T. Boag. (2000): "A molecular phylogeny of warbling-finches (Poospiza): paraphyly in a Neotropical emberizid genus". Mol. Phylogenet. Evol. 17: 367-378.Burns, K. J., S. J. Hackett, e N. K. Klein. (2003): "Phylogenetic relationships of Neotropical honeycreepers and the evolution of feeding morphology". J. Avian Biology 34: 360-370.Yuri, T., e D. P. Mindell (2002): "Molecular phylogenetic analysis of Fringillidae, "New World nine-primaried oscines" (Aves: Passeriformes)". Mol. Phylogen. Evol. 23: 229-243.
Xéneros Os xéneros que tradicionalmente se inclúen nesta gran familia son: Aimophila Ammodramus Amphispiza Arremon Arremonops Atlapetes Calamospiza Chlorospingus Chondestes Emberiza Gubernatrix Junco Melospiza Miliaria Melozone Oriturus Paroaria Passerculus Passerella Peucaea Pezopetes Pipilo Plectrophenax nivalis Pooecetes Porphyrospiza Pselliophorus Rhynchospiza Spizella Tiaris Torreornis Xenospiza Zonotrichia
En Galicia
En Galicia están presentes as seguintes especies:Consello da Cultura Galega/Sociedade Galega de Historia Natural (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II. Aves.. Santiago de Compostela: CCG/SGHN. ISBN 84-87172-89-X, pp. 554-562.Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia/Edicións. ISBN 84-87674-06-2, pp. 308-311. {| class="wikitable" border="0" style="background:#ffffff" align="top" class="sortable wikitable" |+ align="center" style="background:#008844; color:white" |Emberizidae
! style="background:Moccasin; color:Black" width=200 px|Especie<small>Autoridade, ano</small> ! style="background:Moccasin; color:Black" width=160 px|<center>Nome vulgar ! style="background:Moccasin; color:Black" width=40 px|<center>EC Estado de conservación. ! style="background:Moccasin; color:Black" width=100 px|<center>Distribución ! style="background:Moccasin; color:Black" width=100 px|<center>Imaxe ! style="background:Moccasin; color:Black" width=180 px|<center>Notas |- |Emberiza citrinellaLacépède, 1804||<center>Escribenta real||<center> Vulnerábel. ||120px||100px||Especie de interese especial. Sedentaria. |- |Emberiza cirlusLacépède, 1804||<center>Escribenta liñaceira||<center> Pouco preocupante. ||120px||100px||Especie de interese especial. Sedentaria. |- |Emberiza ciaLesson, 1828||<center>Escribenta riscada||<center>||120px||100px||Especie de interese especial. Sedentaria. |- |Emberiza hortulanaLinnaeus, 1758||<center>Escribenta das hortas||<center>||120px||100px||Especie de interese especial. Sedentaria. Presenza rara. |- |Emberiza schoeniclusLinnaeus, 1758||<center>Escribenta das canaveiras||<center>||120px||100px||Especie de interese especial. Sedentaria. Presenza escasa. |- |Miliaria calandraSchreber, 1774||<center>Trigueiro común'||<center>||120px||100px||Especie de interese especial. Sedentaria.
Ademais das consignadas no cadro anterior, hai citas doutras dúas especies, ambas as dúas de distribución moi setentrional: a escribenta das neves, ou nival, Plectrophenas nivalis (Linné), que, aínda que escasa, pode considerarse como visitante habitual nas costas galegas, especialmente en invernos moi fríos, e a Calcarius lapponicus'' (Linné), que foi observada accidentalmente na costa de Bares.Penas Patiño et. al., Op. cit, p. 306-307.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Animal Diversity Web
Categoría:Emberícidos