Brais Maceiras Barreiro, nado en Elviña (A Coruña), o 10 de agosto de 1978, é un gaiteiro e acordeonista galego que desenvolveu a súa carreira na banda da gaiteira Susana Seivane e noutros grupos cos que colabora. Actualmente forma parte do grupo Luar na Lubre.
Traxectoria Aos doce anos iniciou os seus primeiros contactos coa música a través da gaita nos Rexumeiros de Elviña, dirixidos no seu primeiro momento por Bieito Romero, da Asociación Cultural Tempo Novo. Nesta asociación tamén foi mestre gaiteiro, impartindo clases durante varios anos. Posteriormente, iniciouse no acordeón por iniciativa de Bieito Romero, instrumento que utilizou nos grupos dos que formou parte, principalmente con Susana Seivane, Ruote e Luar na Lubre.
Participou na gravación e nas xiras dos catro discos editados de Susana Seivane, deseguido incorporouse a Luar na Lubre, grupo do que forma parte na actualidade. Participou en xiras con estes grupos por Europa (Francia, Países Baixos, España, Escocia, Portugal...), Suramérica (Buenos Aires, Río da Prata) e Asia.
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Brais Maceiras do IES de Melide.
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1978 Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes