"That's the Way (My Love Is)" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins composta por Billy Corgan e procedente do seu álbum Zeitgeist. Foi o segundo e derradeiro sinxelo do álbum e escoitouse nas radios por vez primeira no mes de agosto do 2007, chegando ás tendas no mes de setembro.

O seu vídeo musical apareceu o 27 de agosto no MySpace da banda e foi dirixido por P.R. Brown, que tamén se encargara do vídeo de "Tarantula" e do tema do disco en solitario de Corgan "Walking Shade".

Listaxe de cancións Sinxelo en CD británico "That's the Way (My Love Is)" -3:48 "Stellar" -6:27 "Daydream" (Live)" -2:54

Vinilo de 7"'' e sinxelo en CD estadounidense''' "That's the Way (My Love Is)" -3:48 "Daydream" (Live)" -2:54

Categoría:Sinxelos de 2007