O Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea - Premio Mies van der Rohe é un premio outorgado bianualmente pola Unión Europea e a Fundació Mies van der Rohe de Barcelona á unha obra arquitectónica rematada no continente europeo.
O obxectivo do premio é "recoñecer e recompensar a calidade da produción arquitectónica en Europa".Propósito do premio Páxina oficial do Premio Mies van der Rohe, Fundación Mies van der Rohe - Barcelona, Revisada 29 de marzo de 2010 Ademais o premio intenta promover o intercambio de profesionais da arquitectura no continente, axudando á mobilidade transnacional, así como dar un impulso aos novos arquitectos na primeira etapa da súa carreira profesional.Definición do premio Páxina oficial do Premio Mies van der Rohe, Fundación Mies van der Rohe - Barcelona, Revisada 29 de marzo de 2010
Proxectos premiados miniatura|250x250px|O MUSAC de León, premiado no ano 2007 Ano Arquitecto(s) Obra Lugar 1988 Álvaro Siza Banco Borges e Irmão Vila do Conde 1990 Norman Foster Terminal do aeroporto de Stanted Londres 1992 Esteve Bonell e Francesc Rius Palau Municipal d'Esports de Badalona Badalona 1994 Nicholas Grimshaw & Partners Estación de Waterloo Londres 1996 Dominique Perrault Biblioteca nacional de Francia París 1998 Peter Zumthor Museo de Arte de Bregenz Bregenz 2001 Rafael Moneo Kursaal Donostia 2003 Zaha Hadid Terminal e aparcadoiro de coches de Hoenheim North Hoenheim, Estrasburgo 2005 Rem Koolhaas Embaixada de Holanda, Berlin Berlín 2007 Mansilla + Tuñón Arquitectos Museo de Arte Contemporánea de Castela e León León 2009 Snøhetta Ópera de Oslo Oslo2011David ChipperfieldNeues Museum Berlín2013Henning Larsen ArchitectsHarpa Reykjavik2015Barozzi/VeigaPhilharmonic Hall Szczecin2017NL Architects e XVW architectuurDeFlat Kleiburg Ámsterdam2019Lacaton & VassalTransformación de 530 vivendas sociais en Bordeos Bordeos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Arquitectura
Ligazóns externas Páxina oficial dos Premios (catalán, inglés e castelán)
Categoría:Premios de arquitectura