Sylvia é un xénero de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e superfamilia dos silvioideos, que é o tipo da familia dos sílvidos ou silvíidos (Sylviidae).

O xénero comprende 29 especies de pequenos paxaros coñecidos popularmente como papuxas ou papudas,papuxa no dicionario da RAG. propias de Europa, o sur e o sueste de Asia, África e Arabia.

Características Son aves de pequeno tamaño, plumaxe discreta, pouco rechamante, canto melodioso e prolongado, moi activas, que se moven constantemente en busca de insectos, dos que se alimentan.

Habitan zonas de bosques frondosos e claros, campos agrícolas e áreas urbanas.

A maioría das especies presentan dimorfismo sexual e os machos distínguense, habitualmente, por presentaren manchas, riscos ou coroas na cabeza.

As especies que aniñan en climas temperados son migratorias, desprazánsose a rexiones cálidas en inverno.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1769 polo médico, entomólogo e naturalista austríaco, de cultura italiana, Giovanni Antonio Scopoli.

Etimoloxía O nome Sylvia é un neoloxismo do latín científico usado a miúdo para designar especies de paxaros similares a Sylvia atricapilla,Sylvia no Merriam-Webster Dictionary. que é un nome propio feminino que significa literalmente "que vive nos bosques", derivado do latín silva, -ae, "selva", "bosque".Sylvia no Online Etymology Dictionary.

Clasificación

Segundo o ITIS, o xénero conta coas 29 especies seguintes:Sylvia Scopoli, 1769 no ITIS.

Sylvia althaea Hume, 1878 Sylvia atricapilla (Linnaeus, 1758) Sylvia balearica Von Jordans, 1913 Sylvia boehmi (Reichenow, 1882) Sylvia borin (Boddaert, 1783) Sylvia buryi (Ogilvie-Grant, 1913) Sylvia cantillans (Pallas, 1764) Sylvia communis Latham, 1787 Sylvia conspicillata Temminck, 1820 Sylvia crassirostris Cretzschmar, 1830 Sylvia curruca (Linnaeus, 1758) Sylvia deserti (Loche, 1858) Sylvia deserticola Tristram, 1859 Sylvia hortensis (Gmelin, 1789) Sylvia layardi (Hartlaub, 1862) Sylvia leucomelaena (Hemprich & Ehrenberg, 1833) Sylvia lugens Rüppell, 1840 Sylvia melanocephala (Gmelin, 1789) Sylvia melanothorax Tristram, 1872 Sylvia minula Hume, 1873 Sylvia moltonii Orlando, 1937 Sylvia mystacea Ménétriés, 1832 Sylvia nana (Hemprich & Ehrenberg, 1833) Sylvia nisoria (Bechstein, 1792) Sylvia ruppelli Temminck, 1823 Sylvia sarda Temminck, 1820 Sylvia subalpina Temminck, 1820 Sylvia subcaerulea Vieillot, 1817 Sylvia undata (Boddaert, 1783)

Nas clasificacións máis modernas, moitas das especies de Sylvia foron pasadas ao xénero Curruca. Ademais, nalgunhas especies as subespecies foron clasificadas como especies separadas.

En Galicia En Galicia existen 6 especies de papuxas; delas, 3 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, e 3 son estivais.Penas Patiño, Xosé M.; Carlos Pedreira López & Calros Silvar (2005): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2, pp.370-378.

SylviaEspecieAutoridade, ano<center>Nome vulgar<center>EC<center>Distribución<center>Imaxe<center>PoboaciónSylvia undata(Boddaert, 1783)<center>Papuxa do mato<center>120px100px aprox. 138.000 pp.Aves comúns reprodutoras en España , SEO.Sylvia cantillans(Pallas, 1764)<center>Papuxa balcánica<center>120px100px Sylvia melanocephala(Gmelin, 1789)<center>Papuxa de cabeza negra<center>120px100px Sylvia communisLatham, 1787<center>Papuxa común<center>120px100px aprox. 236.000 pp.Sylvia borin(Boddaert, 1783)<center>Papuxa das figueiras<center>120px100px Sylvia atricapilla(Linnaeus, 1758)<center>Papuxa das amoras<center>120px100px aprox. 563.800 pp.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alström, Per; Ericson, Per G. P.; Olsson, Urban & Sundberg, Per (2006): "Phylogeny and classification of the avian superfamily Sylvioidea". Molecular Phylogenetics and Evolution 38 (2): 381–397. Baker, Kevin (1997): Warblers of Europe, Asia, and North Africa. Princeton, N.J., USA: Princeton University Press. ISBN 0-691-01169-9. Barker, F. Keith; Cibois, Alice; Schikler, Peter A.; Feinstein, Julie & Cracraft, Joel (2004): "Phylogeny and diversification of the largest avian radiation". Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS) 101 (30): 11040-11045. PDF Texto competo Supporting information . Cibois, Alice (2003): "Sylvia is a babbler: taxonomic implications for the families Sylviidae and Timaliidae". Bulletin of the British Ornithologists' Club 123: 257-261. Ericson, Per G. P. & Johansson, Ulf S. (2003): "Phylogeny of Passerida (Aves: Passeriformes) based on nuclear and mitochondrial sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 29 (1): 126–138 PDF Texto completo . del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9. Olsson, Urban; Leader, Paul J.; Carey, Geoff J.; Khan, Aleem Ahmed; Svensson, Lars & Per Alström: (2013): "New insights into the intricate taxonomy and phylogeny of the Sylvia curruca complex". Molecular Phylogenetics and Evolution 67 (1): 72–85. Shirihai, Hadoram (2001): Sylvia warblers. Princeton, N.J., USA: Princeton University Press. ISBN 0-691-08833-0. Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Conn., USA: Yale University Press,

Outros artigos Paseriformes Páseros Paséridos Silvioideos

Ligazóns externas Sylvia Scopoli, 1769. Congreso Ornitolóxico Internacional. Sylvia Scopoli, 1769 no ITIS. Sylvia na EOL. Sylvia no NCBI. Especies de Sylvia en UICN.

Categoría:Paseriformes Categoría:Sílvidos Categoría:Aves de Galicia