Frederick Alan "Rick" Moranis, nado o 18 de abril de 1953 en Toronto, é un cómico canadense, ademais de actor e músico.

Traxectoria Como actor, Rick Moranis acadou certa sona na década dos '80 con distintos papeis en filmes de Hollywood como Ghostbusters, Spaceballs, Little Shop of Horrors ou sobre todo Honey, I Shrunk the Kids, de Steven Spielberg.

Retirada e regreso En 1997, Moranis anunciou a súa retirada, malia que continuou a facer labores de dobraxe. En 2025 foi anunciado que participaría, aos seus 72 anos, en Spaceballs 2, de Mel Brooks.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista con Rick Moranis

Categoría:Actores do Canadá