Samuel "Sam" Jones, nado o 24 de xuño de 1933 en Wilmington, Carolina do Norte e finado en Orlando, Florida, o 30 de decembro de 2021, foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense que formou parte do lendario equipo dos Boston Celtics que conseguiron oito títulos seguidos na década dos 60. Está considerado un dos bases máis rápidos, con mellor visión de xogo e tiro de todos os tempos.

Traxectoria deportiva Universidade Jones realizou a súa carreira universitaria na North Carolina Central College, formando un equipo só de xogadores negros. Nos seus catro anos fixo 17,7 puntos e 9,1 rebotes por partido.

NBA Foi elixido polos Boston Celtics na primeira rolda do draft na sexta posición, un ano despois de que os Minneapolis Lakers o elixisen tamén, pero renunciando a causa do servizo militar. Toda a súa carreira transcorreu na cidade de Massachusetts, onde, en 12 tempadas conseguiu 10 títulos da NBA, sendo soamente superado neste aspecto en toda a historia por Bill Russell. Habitualmente é mencionado como o cuarto mellor base da década dos 60, detrás de Oscar Robertson, Jerry West e Hal Greer. Era un base rápido e con gran visión de xogo, pero que destacaba sobre todo no tiro en suspensión, faceta que lle fixo gañar o alcume de "The Shooter" (o tirador). Participou en cinco All-Star Game.

Equipos Boston Celtics (1958-1969)

Logros persoais Cinco veces All Star. Tres veces elixido no segundo mellor quinteto da NBA. Elixido un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996. Membro do Basketball Hall of Fame dende 1984.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Sam Jones na web do Hall of Fame Estatísticas de Sam Jones

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados no condado de New Hanover, Carolina do Norte Categoría:Finados en 2021