Xosé Manuel Casabella López, nado en Ferreira (O Valadouro) o 13 de maio de 1941, é un arquitecto galego.
Traxectoria Obtivo o título de arquitecto en 1967 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona onde en 1971 inicia a súa carreira como docente. En 1973 trasladouse á Coruña e pasou a formar parte do equipo fundador da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Foi director do departamento de Proxectos e Urbanismo e dende 2005 é o director da ETSACEscola Técnica Superior de Arquitectura www.udc.es..Membro da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario como académico numerario da Sección de Arquitectura dende o 29 de maio de 2010.
Obras miniatura|Casa do Concello da Capela. Casa do Concello da Capela (1978)Concello da Capela www.concellodacapela.es.. En colaboración co arquitecto Xosé Lois Martínez Suárez. Rehabilitación do Kiosco Alfonso da Coruña (1982), obra do arquitecto Rafael González Villar en estilo modernista (1912)Kiosko Alfonso www.edu.aytolacoruna.es.. Cafetería Copacabana na Coruña (1982). Remodelación do contorno das Burgas (Ourense) (1986). Rehabilitación do edificio de Servizo de Alumnos no Campus da Zapateira coñecido como a Casa do FrancésCasa do Francés www.udc.es.. (A Coruña) (1993). Biblioteca no Castrillón (A Coruña) (1994). Complexo deportivo de San Diego na Coruña (1998). Casa da auga na Coruña (2004)Casa da Auga www.mimoa.eu.
Premios Premio no I Premio COAG de Arquitectura na categoría Rehabilitación pola obra Rehabilitación do Kiosko Alfonso da CoruñaI Premio COAG de Arquitectura www.coag.es.. Accésit no I Premio COAG de Arquitectura na categoría Edificios singulares de nova planta pola obra Cafetería Copacabana na Coruña. Accésit no VI Premio COAG de Arquitectura na categoría Rehabilitación pola obra Rehabilitación do edificio de Servizo de Alumnos na ZapateiraVI Premio COAG de Arquitectura www.coag.es..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xan Casabella López Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI Categoría:Nados no Valadouro Categoría:Nados en 1941 Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Premio COAG de Arquitectura