Pablo Heras Casado, nado en Granada o 21 de novembro de 1977, é un director andaluz de música clásica con proxección internacional.
Traxectoria É licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Granada e estudou dirección coral con Harry Christophers e participou en clases maxistrais impartidas por Christopher Hogwood.
Colabora asiduamente coa Ópera Nacional de París. Dirixiu a orquestra do Carnegie-Juilliard no Carnegie Hall de Nova York e mais a National Youth Orchestra of Great Britain, entre outras moitas formacións. No Estado Español foi o director titular do Conxunto Orquestral de Xirona entre 2005 e 2008, e da Coral Belas artes de Sabadell entre 2003 e 2005.
Premios Gañou o Premio Nacional de Canto Coral en 2004. Gañou o concurso de compositores de Lucerna en 2007.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Heras Casado Breve biografía do músico Reportaxe sobre Heras Casado no suplemento El Cultural do xornal El Mundo
Categoría:Músicos de España Categoría:Nados en Granada Categoría:Nados en 1977