Ryan James Anderson, nado o 6 de maio de 1988 en Sacramento (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 2,08 metros de alzada xoga na posición de ala-pivote.

Traxectoria Universidade Procedente do Instituto Oak Ridge, Anderson xogou dúas tempadas na Universidade de California. No seu primeiro ano liderou aos Golden Bears en anotación (16,3 puntos por partido) e en rebotes (8,2), finalizando quinto en ambas as categorías na Pacific Ten Conference, logrando ademais a marca de máis rebotes capturados por un "freshman" na historia da universidade con 269. Os Golden Bears chegaron até as semifinais do torneo da Pac-10 de 2007, caendo eliminado ante Oregon a pesar dos 17 puntos e 12 rebotes de Anderson. Previamente, na primeira rolda, desfixéronse de Oregon State cun gran Anderson, asinando 27 puntos e 15 rebotes.

Na súa segunda tempada en California, os seus números ascenderon até os 21,1 puntos, liderando a conferencia e finalizando décimo oitavo na nación, e 9,9 rebotes, terceiro na Pac-10. Os seus 697 puntos foi a segunda mellor marca anotadora na historia dos Golden Bears, converténdose ademais no primeiro xogador de California en conseguir polo menos 600 puntos e 300 rebotes. Anotou en dobres figuras nos 33 partidos que disputou, anotando 20 ou máis puntos en 18 ocasións e chegando á marca de 30 puntos en catro partidos. Debido a que California non se clasificou para o torneo da NCAA, Anderson foi peza clave para entrar na National Invitation Tournament, onde caeron en segunda rolda ante Ohio State.

Anderson foi nomeado no segundo equipo All-America e foi elixido no mellor quinteto da conferencia. Deixou os Golden Bears como o 16ª máximo anotador da historia de California con 1.236 puntos e foi o primeiro sophomore en superar a barreira de 1.000 puntos. Tamén finalizou noveno en triplas anotados (122) e terceiro en porcentaxe de tiros libres (84,1).

NBA Anderson foi seleccionado por New Jersey Nets na vixésimo primeira posición do Draft da NBA de 2008, equipo co que asinou contrato en xullo de 2008 por dúas tempadas, a razón de 1 millón de dólares a primeira campaña e 1,1 a segunda, ampliable a dous anos máis.

O 25 de xuño de 2009 foi traspasado xunto con Vince Carter a Orlando Magic a cambio de Rafer Alston, Tony Battie e Courtney Lee.Carter traded to hometown Magic Anderson comezou a tempada 2009-10 coma titular, en lugar do sancionado Rashard Lewis.

Na tempada 2011-12, foi premiado co galardón ao Xogador máis mellorado da NBA.

O 6 de febreiro de 2019, Anderson foi traspasado ós Miami Heat a cambio de Tyler Johnson e Wayne Ellington.Suns acquire Tyler Johnson, Wayne Ellington from Heat O 6 de xullo de 2019, foi cortado polos Heat.Heat waives Ryan Anderson

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas de Ryan Anderson

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Sacramento Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Miami Heat