Matt Kelly Barnes, nado o 9 de marzo de 1980 en Santa Clara, California é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou 14 tempadas na National Basketball Association (NBA). Mide 2,01 metros e xogaba na posición de ala.
Carreira Instituto e universidade Barnes asistiu ao Instituto Do Campo en Fair Oaks, California, onde xogou ao baloncesto e ao fútbol americano, sendo neste último deporte All-American. Tras deixar o instituto, xogou catro anos en UCLA, facendo 13,5 puntos e 6,2 rebotes por partido na súa última campaña.
Traxectoria profesional esquerda|miniatura|140px|En Phoenix. Foi seleccionado por Memphis Grizzlies en segunda rolda do Draft de 2002. Xogou en Los Angeles Clippers, Sacramento Kings, New York Knicks e Philadelphia 76ers, cunha media de 4,1 puntos por encontro. Foi traspasado dos Kings aos 76ers a metade de tempada 2004-05 no intercambio que mandaba a Chris Webber a Filadelfia. Ao pouco tempo foi cortado e fichou polos Knicks, equipo que tamén lle cortou tras xogar soamente seis partidos. Finalizou a tempada xogando novamente nos 76ers.
En outubro de 2006, Barnes asinou con Golden State Warriors. O 26 de decembro de 2006, anotou 7 triplos nun partido, marca da franquía. Meses máis tarde, Jason Richardson rompeu devandita marca, anotando unha canastra de tres máis. Despois de ser case desprezado por moitos equipos da NBA, Barnes fíxose un sitio na liga facendo 9,8 puntos, 4,6 rebotes e un 36,6% en triplas na tempada 2006-07, ademais de axudar ao equipo a entrar en playoffs. Barnes, antigo xogador de fútbol americano no instituto, chegou a dicir que se os Warriors non lle ficharan, probaría na NFL.
O 20 de xullo de 2008 fichou por Phoenix Suns e o 23 de xullo de 2009 asinou cun contrato de dous anos con Orlando Magic. Con todo non cumpriu o contrato e o 23 de xullo de 2010 asinou cos Los Angeles Lakers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas de Matt Barnes
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Santa Clara, California Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies