Hati ou Saturno XLIII, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio do 2005, a partir de observacións feitas entre o 12 de decembro do 2004 e o 11 de marzo do 2005 e recibiu a designación temporal de S/2004 S 14.

Hati ten uns 6 km de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 20,303 millóns de km en 1080,099 días, cunha inclinación orbital de 163° respecto da eclíptica (165° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,291.

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007 a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Hati un lobo xigante, fillo de Fenrisulfr e irmán xemelgo de Skoll.

Véxase tamén

Outros artigos Grupo Nórdico Saturno

Ligazóns externas

Institute for Astronomy Saturn Satellite Data Jewitt's New Satellites of Saturn page IAUC 8523: New Satellites of Saturn 4 de maio de 2005 (descoberta) MPEC 2005-J13: Twelve New Satellites of Saturn 3 de maio de 2005 (descoberta e efeméride) IAUC 8826: Satellites of Jupiter and Saturn 5 de abril de 2007 (bautizando a lúa)

Categoría:Lúas de Saturno