Ganesa Macula é un accidente xeolóxico de albedo escuro e de forma circular da lúa Titán do planeta Saturno. O seu nome procede do deus hindú Ganesha.
400px|esquerda|miniatura| Ganesa Macula (un pouco cara a abaixo é a esquerda) nunha imaxe de radar tomada pola sonda Cassini, pódese observa-la súa forma circular cunha especie de cráter no centro. Ganesa foi identificado de xeito confuso coma un domo criovolcánico: o resultado dunha mestura de auga e amoníaco que é expulsado dende o centro do domo e esparexéndose para formar un deposito en forma de 'tortilla'. Pero imaxes en 3 dimensións de radar obtidas máis tarde pola sonda Cassini, entre o 26 de outubro do 2004 e o 13 de xaneiro do 2007, parecen desbota-la idea de que se trate dun domo, aínda que non se descarta que sexa de orixe criovolcánico.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista dos accidentes xeolóxicos de Titán
Ligazóns externas Titán en 3D Ganesa Macule non é un domo
Categoría:Titán Categoría:Maculae