Endovélico é un deus dos galaicos, lusitanos, vetóns e celtiberos prerromanos da Idade de Ferro. Orixinalmente foi un deus ctónico. El era o deus/señor do Inframundo e da saúde, da profecía, protector da terra e da natureza. Posteriormente foi adaptado polos propios romanos, que o asimilaron a Plutón ou a Serapis e convertérono nun deus relativamente popular.Monteiro Teixeira, Sílvia. 2014. Cultos e cultuantes no Sul do território actualmente português em época romana (sécs. I a. C. – III d. C.). Masters’ dissertation on Archaeology.. Lisboa: Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.Encarnação, José d’. 2015. Divindades indígenas sob o domínio romano em Portugal. Second edition. Coímbra: Universidade de Coímbra.
Endovélico ten un templo en São Miguel da Mota en Alentejo, Portugal, e hai numerosas inscricións e ex-votos dedicados a el no Museo Etnolóxico Nacional de Lisboa; posibles topónimos na súa honra inclúen Andévalo, en España.Monteiro Teixeira, Sílvia. 2014. Cultos e cultuantes no Sul do território actualmente português em época romana (sécs. I a. C. – III d. C.). Masters’ dissertation on Archaeology. Lisboa: Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa.Encarnação, José d’. 2015. Divindades indígenas sob o domínio romano em Portugal. Second edition. Coimbra: Universidade de Coimbra. O culto de Endovélico prevaleceu até o século V, cando o cristianismo se estendeu pola rexión.
Etimoloxía Nos dous últimos séculos, os estudosos propuxeron diversas teorías sobre a orixe etimolóxica do nome de Endovélico.Monteiro Teixeira, Sílvia. 2014. Cultos e cultuantes no Sul do território actualmente português em época romana (sécs. I a. C. – III d. C.). Masters’ dissertation on Archaeology. Lisboa: Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa.Encarnação, José d’. 2015. Divindades indígenas sob o domínio romano em Portugal. Second edition. Coimbra: Universidade de Coimbra. Unha teoría asocia a súa etimoloxía coas palabras célticas endo, superlativo divino, e vellicus, de significado escuro. Algúns relacionárono con Bellinus, nome da divindade celta Belenos, mentres que outros o asocian con vailo, termo celta que designa ao lobo.
António da Visitação Freire propuxo que o noe podería ser de etimoloxía mixta, céltica e fenicia á vez, adaptada ao latín. Así, endo sería en efecto un superlativo celta, mentres que bel vería de baal, o termo fenicio para "señor", e -cus sería unha terminación latina. Leite de Vasconcelos rexeitou esta teoría, atribuíndo a vellicus unha orixe celta e un significado traducible como "bo" ou "benéfico".Monteiro Teixeira, Sílvia. 2014. Cultos e cultuantes no Sul do território actualmente português em época romana (sécs. I a. C. – III d. C.). Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa.Encarnação, José d’. 2015. Divindades indígenas sob o domínio romano em Portugal. Universidade de Coímbra.
Culto miniatura|Estatua O baño de Ataecina, no encoro de Arenas de San Pedro (provincia de Ávila), co deus Endovélico e a deusa Ataecina. A consideración de Endovélico como celta ou lusitano provoca controversia entre os investigadores, como a propia caracterización do pobo lusitano, xa que se venera tamén entre os vetóns da provincia de Ávila (en Postoloboso, Candeleda) co nome de Vellicus ou Vaelicus. O monte era o seu lugar de culto, como numen locis ou espírito protector do lugar (similar ás ninfas grecorromanas), relacionándose cons outros numens e divindades ctónicas. Estes santuarios son de difícil acceso, talvez buscando o misticismo e recollemento do oculto entre a frondosidade dos montes e os bosques e dando maior énfase ó carácter sagrado destas divindades, cuxos fieis atoparían nunha especie de peregrinación iniciática moi propia das sociedades teocráticas.
En Rocha da Mina, San Miguel de Mota (Portugal)"Novas investigações no santuário de Endovélico (S.Miguel da Mota, Alondroal) a campanha de 2002 "Almícar Guerra, Rui Almeida, Thomas Schattner, Carlos Fabião e nas Minas de Río Tinto (Huelva)"Testimonios religiosos en las minas de Rio Tinto: algunas reflexiones" Oria Segura, Mercedes Dialnet.unirioja.es, debido á poboación lusitana que traballou naquelas minas imperiais. Estes reúnen as características doutros santuarios dedicados a deuses do mundo subterráneo como o santuario de Pánoias en Vila Real (Portugal) dedicado a Serapis e outros deuses e o de Isis en Belo Claudia, Cádiz .
Os achados atopados suxiren a práctica da incubatio"Disertacion sobre el dios Endovélico y noticia de otras deidades gentilicias de la España Antigua" Pérez Pastor, Miguel Editorial: Editorial Órbigo, S.L.1860 (consistente na manifestación divina a través do sono da persoa) coma o rito máis nomeado en relación co culto de Endovélico. O devoto durmía no templo ou altar do deus e nos soños que tivese recibía a mensaxe que necesitaba. Outros autores relaciónano tamén co monte e co renacer vexetal, xa que trala súa estancia no inframundo (tras ser morto por un xabarín) levaría consigo a primavera ó volver á superficie, acompañado pola súa consorte a deusa Ataecina, divindade á que aparece asociado en certos exvotos e epigrafías. Ofrecíanselle porcos como ofrendas, debido á asociación do deus cos xabaríns, dos cales se atoparon exvotos nos seus templos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Poboado fortificado e santuario de Endovélico Bibliografía Loução, Paulo Alexandre: Portugal, Terra de Mistérios, Ésquilo, 2000 (terceira edición; ). Michael Jordan, Encyclopedia of Gods, Kyle Cathie Limited, 2002
Ligazóns externas Información na web Historia y mitología (con licenza Under Creative Commons License: Attribution Non-Commercial No Derivatives)
Categoría:Deuses celtas Categoría:Deuses lusitanos Categoría:Deuses galaicos Categoría:Deuses romanos Categoría:Deuses da saúde