Mayda Insula é unha illa situada no norte do gran lago Kraken Mare, un lago de hidrocarburos que está dentro do polo norte da lúa de Saturno, Titán. Recibiu o seu nome oficial o 11 de maio do 2008 en relación a Mayda, unha lendaria illa do nordeste do atlántico norte.
A illa posúe unha dimensións de 90 x 150 kms, ten aproximadamente o mesmo tamaño cá Illa Kodiak de Alasca e cá illa principal do arquipélago de Hawai. Hoxe en día e despois da obtención de imaxes por radar, sospéitase que esta illa non é realmente unha illa, senón que é unha península conectada a terra por un longa aínda que posiblemente estreita ponte de terreo firme.
O seu status coma mar de hidrocarburos foi confirmado polas imaxes e datos obtidos por radar. Só unha porción do mar foi escaneada por radar, pero coma se pode ver na imaxe da caixa de información, o seu tamaño é moito máis grande, coma así reflicte a imaxe de fondo feita no espectro visible.
400px|miniatura|Imaxe dos lagos do polo norte de Titán. Podemos ver ó completa cara a esquina inferior dereita o Ligeia Mare, á súa esquerda e atravesado por unha parte do mapa en branco podemos ve-lo Kraken Mare coa súa grande illa do norte, a Mayda Insula, máis o norte (case sobre o polo) podemos ver parte do Punga Mare.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Titán (lúa) Lagos de Titán Kraken Mare Lista dos accidentes xeolóxicos de Titán
Ligazóns externas
Map of Titan's north pole, based on radar imagery, showing Kraken Mare's location (imaxe dos lagos do polo norte de Titán con nomenclatura incluída.)
Categoría:Titán Categoría:Insula