Moishe Zakharovich Shagalov, nado en Viciebsk (Belarús, entón no Imperio Ruso) o 7 de xullo de 1887 e finado en Saint-Paul de Vence (Francia) o 28 de marzo de 1985, foi un pintor francés de orixe xudía belaruso, de estilo surrealista, máis coñecido como Marc Chagall. En 1960 foi galardoado co Premio Erasmus.
Traxectoria Chagall era o máis vello de oito fillos. En 1907, Marc Chagall marcha a San Petersburgo, alí estuda na Sociedade de Patrocinadores da Arte onde baixo a tutoría de Nikolai Roerich, en 1910 marcha a París, e entra en contacto coas novas tendencias que estaban a xurdir, en 1914 regresa á súa vila natal, logo da Revolución Rusa de 1917, Chagall foi comisario de arte da súa rexión, en 1923 volta de novo a París, e en 1937 obtén a cidadanía francesa. Durante a segunda guerra mundial, debido á persecución dos xudeus polos nazis, Chagall deixa Francia e instálase en Nova York.
As obras de Chagall reflicten a resonancia dos soños e das fantasías, ao tempo que se inspira nas tradicións populares rusas e a herdanza xudía.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Pintores de Francia Categoría:Nados en Viciebsk Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Notre Dame Categoría:Premio Erasmus Categoría:Franceses de ascendencia xudía Categoría:Franceses de ascendencia belarusa