A grosularia ou grosularita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo nesosilicatos e dentro destes é un granate pola típica forma isométrica dos seus cristais, con 12 ou 24 caras trapezoidais. É un silicato de calcio e aluminio, de cor normalmente esbrancuxada ou alaranxada.

O nome deriva do latín grossularia, que significa grosella, chamada así pola redondez dos seus cristais que ademais se presentan en grupo similares a acios destes froitos.

Sinónimos pouco usados deste mineral son colofonita, ernita, olyntholita, tellemarkita, viluita e wilouita.

Ambiente de formación Normalmente fórmase a partir de rochas calcarias, ou sedimentarias silíceas, sometidas a metamorfismo de contacto pola proximidade dunha cámara magmática. Tamén se pode formar por metamorfismo rexional.

Algúns minerais asociados son mica, clorita, diópsido, calcita e serpentinita.

A variedade hesonita (de cor verde) atópase tamén entre as rochas metasomáticas enriquecidas en calcio.

Localización, extracción e usos Atopáronse importantes depósitos deste granate en Asbestos (Canadá), México, Kenya, Italia e Sri Lanka.

A variedade sosolita procede de Morelos e Chihuahua (México) e a variedade hesonita de Tanzania e Kenya.

É un mineral que se comercializa como xema, tallando os cristais puros e de bela cor. Son xemas de grandes cualidades a pesar de ser pouco coñecidas no mercado. Os mellores exemplares son moi cobizados por coleccionistas.

Véxase tamén

Outros artigos Lista de minerais Ligazóns externas Datos sobre localización Sitio web con datos do granate grosularia Galería de minerales

Categoría:Minerais