Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Fútbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes, no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.

Traxectoria Primeiros anos Xogou en todas as categorías inferiores do FC Barcelona, con todo asinou o seu primeiro contrato profesional co Manchester United un dos clubs do fútbol profesional inglés onde se puido formar como profesional.

Manchester United Debutou co primeiro equipo do Manchester United en outubro de 2004 substituíndo a John O'Shea na vitoria do equipo red por 0-3 ante o Crewe Alexandra, na terceira rolda da Carling Cup,

Asinou o seu segundo contrato cos ingleses en febreiro de 2005, logo de ter varias boas actuacións no equipo reserva do equipo de Manchester. O seu debut como titular no primeiro equipo chegou o 26 de marzo de 2006, nun partido de Premier League ante o West Ham United.

Real Zaragoza No verán de 2006, o Manchester United e o Real Zaragoza chegaron a un acordo para a cesión do xogador por unha tempada. Xogou 22 encontros de titular co equipo zaragozano, formando no centro da defensa xunto ao arxentino Gabriel Milito. Tamén actuou na posición de mediocentro defensivo con solvencia. Finalizan na 6ª posición clasificándose así para disputar a Copa da UEFA.

Volta ao Manchester United O Manchester anunciou en maio de 2007 que Piqué volvería á entidade inglesa tras a súa boa tempada en España. Piqué entrou a formar parte do primeiro equipo. Marcou o seu primeiro gol na Liga de Campións da UEFA o 7 de novembro de 2007, ante o Dynamo de Kíiv de Ucraína na fase de grupos. Volveu marcar en devandita competición o 12 de decembro, fronte ao AS Roma. Esa tempada conseguiu o título da Premier League co Manchester United e tamén a Liga de Campións da UEFA da tempada.

FC Barcelona O 27 de maio de 2008, Piqué asinou un contrato de 4 anos co FC Barcelona cunha cláusula de 50 millóns de euros. Da man do técnico Pep Guardiola, Piqué converteuse nun dos activos máis importantes para a defensa "azulgrana". O equipo catalán asinou unha primeira volta histórica, conseguindo 50 puntos.

O 2 de maio de 2009 anotou o sexto gol na goleada por 2-6 que o FC Barcelona conseguiu fronte ao Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu.

O 13 de maio de 2009 foi titular na final onde o seu equipo proclamouse campión da Copa do Rei, partido que venceu o club blaugrana por 1-4 enfrontándose ao Athletic Club de Bilbao. O 16 de maio de 2009, gañou o seu primeiro título de Primeira División de España, ao perder o Real Madrid por 3-2 fronte ao Villarreal CF, sendo campión matematicamente o FC Barcelona.

Esa mesma tempada, o 27 de maio de 2009 formaría parte do once titular do FC Barcelona que disputou a final da Liga de Campións da UEFA, precisamente contra o seu exequipo, o Manchester United, no Estadio Olímpico de Roma. O FC Barcelona venceu por 2-0, conseguindo así Piqué a súa segunda UEFA Champions League consecutiva grazas aos goles de Eto'o e o arxentino Messi.

O 26 de febreiro de 2010, Gerard Piqué renovou o seu contrato co FC Barcelona ata 2015 cunha cláusula de rescisión de 200 millóns de euros.

Internacional Foi internacional en 14 ocasións coa selección de España. Debutou, como titular, o 11 de febreiro de 2009 nun partido amigable ante Inglaterra no Ramón Sánchez Pizjuán, Sevilla. O 28 de marzo de 2009, no seu segundo partido internacional, no Estadio Santiago Bernabéu ante Turquía, anotou o seu primeiro gol coa camiseta de a vermella.

O 11 de xullo de 2010 xogou a final do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, proclamándose campión. Gerard Piqué, Iker Casillas e Joan Capdevila foron os únicos xogadores da selección española que disputaron todos os partidos do Mundial.

Tamén xogou en 3 ocasións coa Selección de fútbol de Cataluña, aínda que sen marcar ningún gol. A última ocasión foi o 22 de decembro de 2009 contra a Selección Arxentina de fútbol onde gañaron 4-2 baixo as ordes de Johann Cruyff.

Clubs Actualizado o 15 de maio de 2010 ClubPaísAnoPartidosGolesManchester UnitedInglaterra2004 - 200630Real ZaragozaEspaña2006 - 2007283Manchester UnitedInglaterra2007 - 2008122FC BarcelonaEspaña2008 - presente877

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoLeague CupManchester UnitedInglaterra2006Community ShieldManchester UnitedInglaterra2007Premier LeagueManchester UnitedInglaterra2008Copa do ReiFC BarcelonaEspaña2009Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2009Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2009Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2010Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2011Copa do ReiFC BarcelonaEspaña2012Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2013

Campionatos internacionais TítuloClubPaísAnoCampionato de Europa Sub-19Selección sub-19España2006Liga de Campións da UEFAManchester UnitedInglaterra2008Liga de Campións da UEFAFC BarcelonaEspaña2009Supercopa de EuropaFC BarcelonaEspaña2009Copa Mundial de Clubs da FIFAFC BarcelonaAbu Dabi2009Copa Mundial de FútbolSelección españolaSuráfrica2010

Distincións Individuais Premio Don Balón ao xogador revelación da Liga 2008-2009.

Vida privada O pai de Piqué, Joan é avogado e a súa nai Montserrat é directora dun hospital. O seu avó, Amador Bernabéu, foi vicepresidente do FC Barcelona.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Piqué na Web Oficial do FC Barcelona . Entrevista a Piqué en El País, 5 de maio de 2009 ,

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Xogadores do Manchester United FC Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial